Notas de prensa

1ª Xuntanza de Aerobic e Step en A Fonsagrada

Esta iniciativa do concello de A Fonsagrada en conxunto co Centro Deportivo Jansu de Vilalba en colaboración coa escola de aerobic de O Santo e coas escolas de Baamonde e Begonte, serve para mostrar o traballo que se realiza nestas sesións.

O sábado día 12 de marzo celebrouse en A Fonsagrada a 1º Xuntanza de Aerobio e step, deu comezo as 17:00 horas e finalizou as 19:00 horas, esta iniciativa do concello de A Fonsagrada en conxunto co Centro Deportivo Jansu de Vilalba , en colaboración coa escola de aerobio de O Santo e coas escolas de Baamonde e Begonte, serve para mostrar o traballo que se realiza nestas sesións , contando con uns 50 participantes , para logo rematar con unha demostración de Taekwondo a cargo dos alumnos de Rábade , Begonte e Vilalba.

Dado que esta iniciativa partiu do Concello de Begonte e dada a boa acollida que tivo, realizouse tamén en A Consagrada , esperamos que se siga levando a cabo en distintos puntos da zona.

Juan Carlos Quintana Domínguez (Centro Deportivo Jansu), 2011-03-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES