
O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, participou na presentación de “A Contratempo”, o novo disco da agrupación musical Leña Verde de Pol, da asociación cultural homónima e coa que colabora a Ãrea de Cultura da Deputación á hora de desenvolver todas as iniciativas culturais que parten do colectivo. Para presentar o disco estiveron no salón de actos do Pazo de San Marcos os integrantes de Leña Verde, Xesús Penelas, Carlos Abraira e Maruxa Rielo.
Segundo destacou Antón Bao, “a asociación cultural Leña Verde de Pol é un exemplo de colectivo cultural implicado no territorio, e cumpre esa importantÃsima función de dinamización cultural no rural”. Porque para Antón Bao, “Leña Verde, como asociación cultural, é o modelo vivo de entidade asociativa no que se ven reflectidas tódalas virtudes que, en diversos foros, se propoñen como premisas para incentivar a conservación dos nosos valores e evitar o despoboamento do medio rural: transmisión de tradicións, conservación do patrimonio inmaterial, fomento do asociacionismo cultural, desenvolvemento de actividades interxeracionaisÂ… é o traballo que Leña Verde ven desenvolvendo no concello de Pol desde hai anos”.
Xesús Penelas, membro de Leña Verde e músico da actual formación, comezou agradecendo a colaboración da Ãrea de Cultura da Deputación á hora de desenvolver as actividades que o colectivo pon en marcha xa que “durante estes catro anos tivemos a posibilidade de realizar un número moi alto de actividades culturais no noso concello grazas ao apoio da Deputación”. Do mesmo xeito, lembrou que Leña Verde, ademais de coñecerse pola súa formación musical, ten un grupo de baile tradicional, e a asociación organiza tamén moitas actividades ao longo do ano, entre as que se atopa o proxecto de crear un grupo teatral e organizar representacións”.
Xesús Penelas agradeceu tamén á Ãrea de Cultura da Deputación a oportunidade de presentar o disco “A Contratempo” no Pazo de San Marcos e agardou “que sirva tamén para que poidan chegarnos propostas de actuacións, xa que ademais de seren experiencias gratificantes para os músicos poder mostrar o seu traballo á xente contribúen coa compoñente económica a manter uns fondos da asociación que permiten desenvolver moitas outras actividades”. Diante desta proposta, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, comprometeu a actuación de Leña Verde nos XardÃns da Deputación dentro do ciclo de actuacións de verán “Cultura Aberta nos XardÃns da Deputación”.
Pola súa banda, Carlos Abraira, tamén músico de Leña Verde, entrou a comentar os detalles da creación do disco A Contratempo, que segundo afirmou “é o primeiro de Leña Verde que conta con pezas cantadas, con Noemi Basanta e Begoña Coya pondo a voz”. Segundo explicou Carlos Abraira, “o disco combina pezas tradicionais recollidas con outras que son composicións propias de membros do grupo”. Ademais, o disco ten a colaboración de moitas persoas importantes para a formación como NaÃr GarcÃa, membro do grupo de baile e persoa cunha sensibilidade artÃstica especial que introduciu un texto recitado, ou o cantautor Dani Flaco, e os músicos Xaneco TubÃo e Bruno Villamor. As colaboracións esténdense até o propio deseño do disco, feito por Vitoria e Carrasco, veciños do concello, e a gravación do disco, que se realizou nos estudos de Óscar Trigo, “alma máter” de Leña Verde, segundo o definiu Carlos Abraira, e que non puido acudir a esta presentación por motivos de traballo.
Pola súa banda, Maruxa Rielo, repasou a traxectoria de Leña Verde, desde as súas orixes, e incidiu na importancia que o colectivo sempre posuÃu á hora de dinamizar a vida cultural e social de Pol. Leña Verde conta coa súa impronta nos medios electrónicos a través das páxinas webs www.acontratempo.com e no facebook http://facebook.com/lenaverde
CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxÃas da información (IT) e de operación (OT) para asà adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxÃa a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais asà como os sectores social, cientÃfico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, polÃticas e instrumentos do litoral.