Notas de prensa

Descontos de ata o 60% na Mostra da Oportunidade 2011 en Expourense

Destaca a oferta en moda e calzado infantil e roupa deportiva e os mobles e automóbiles de alta gama entre un 20 e un 50% máis baratos. Neumáticos de primeiras marcas e ordenadores completos por 200 euros, novidades desta edición.

A 18ª Mostra da Oportunidade abriu as súas portas en Expourense ofrecendo milleiros de artigos a prezos vantaxosos nunha quincena de sectores. Ata o vindeiro domingo 13 de marzo ás 21.00 horas, os visitantes terán ocasión de achegarse ata o recinto feiral e aproveitar estes descontos para, por exemplo, elixir agasallo para o Día do Pai (dende unha chaqueta de pel, xersei, sofá de masaxe e ata un coche) ou para equiparse, para as próximas vacacións de Semana Santa sen chegar aos 20 euros, con chanclas, bañador e toalla.

Polo que respecta aos sectores, entre as novidades que se poden atopar nesta edición destacan os neumáticos de primeiras marcas, cun desconto que ronda o 10%. Este expositor agasallará aos seus clientes cunha tarxeta aforro de 0.024 céntimos de euro en cada litro de combustible. A outra novidade importante é o sector da informática que ofrece ordenadores por 200 euros.

O moble é un dos sectores con maior presenza nesta cita, destacando a ampla oferta en sofás de todo tipo de materiais e tamaños con descontos que acadan en moitas ocasións o 50%. Polo que respecta á automoción sobresaen os vehículos de alta gama seminovos e nalgúns casos a estrear con descontos que rondan o 20%, o que pode supoñer ata 3.000 euros de aforro.

O textil é o calzado seguen a ser dos sectores máis demandados polo público. Destaca a oferta en roupa e calzado infantil contando con numerosos expositores que ofrecen prendas dende recén nado ata os 14 anos con prezos que parten dos 3 euros.

Para os maiores pódese salientar a oferta en roupa deportiva de primeiras marcas como zapatillas a 25 euros ou cazadoras para a neve e o frío por menos de 40 euros. Os interesados neste sector poden aproveitar ademais a ocasión para facerse cunhas botas de fútbol con tacos por 9,90. Convén mencionar a oferta en prendas de pel con prezos ata tres veces inferiores ó marcado en tenda.

A Mostra é tamén unha oportunidade para facerse con produtos difíciles de atopar nas canles habituais de distribución e así poden atoparse aparatos para cociñar ou produtos para limpar calquera superficie.

Todo isto e moito máis foi o que pudieron atopar aqueles que se decidiron a visitan hoxe a Mostra da Oportunidade, en Expourense, para ser os primeiros en aproveitar os mellores prezos deste centro comercial de Galicia que terá as súas portas abertas ata o domingo ás 21.00 horas.

Para facer máis cómoda a visita, o salón conta cun amplo horario que vai dende as once da mañá ás nove da noite, é dicir, dez horas ininterrompidas, contando ademais cun amplo aparcamento gratuíto.

Gabinete de Comunicación de Expourense, 2011-03-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES