
Máis de 15 empresas asociadas ao Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) participarán, do día 13 ao 16 de marzo, no Evento Internacional de Alimentos e Bebidas de Londres (IFE, International Food & Drink Event). O presidente do Clusaga detalla que considera esta feira como a máis importante entre os eventos relativos ao sector alimentario en todo o Reino Unido. José Luis Antuña engade, ademais, que é unha oportunidade única para abrirnos as portas nun mercado tan complexo como é o británico.
Na IFE11, o Clúster contará cun stand con produtos de máis de 15 empresas; a isto hai que sumar a presenza directa de axentes de COREN, Calvo, INGAPAN, Portomuiños, Aceites Abril, Vinos y Bodegas Gallegas e Yatecomeré. Outros dos elaborados que levará a delegación galega, ata o recinto feiral londinense Excel, serán os de Torre de Nuñez, Cuevas-Marron Glacé, Queixerias Prestes, Martín Codax, Innolact, Cooperativa Condado Paradanta, Aguas de Sousas, Conejos Gallegos e Quival (El Nogal), así como catálogos do CRAEGA.
Para máis información a páxina web: www.ife.co.uk
Páxina web de IFE en español: http://www.ife.co.uk/page.cfm/Link=108/t=m
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.