Notas de prensa

Mellor club de taekwondo da provincia de Lugo ano 2010

O club Taekwondo Vilalba Jansu – Congelados Astur Galaicos de Rábade , lle foi entregado en Vigo o galardón ao mellor club da provincia de Lugo na modalidade de Taekwondo do ano 2010.

Na gala que celebrou a Federación Galega e que ven celebrándose tódolos anos , entréganse os galardóns , a todos os deportista , entidades , medios , personalidades, clubs, e outros que durante o ano , lograron bos resultados en competicións , ou colaboraron ,como as entidades na difusión do taekwondo Galego , etc…


Para lograr este galardón , sempre temos en conta o esforzo de tódolos practicantes de taekwondo que están baixo a disciplina do club Jansu, ven sexa en Vilalba , como no Concello de Rábade e Concello de Begonte, xa que sen as aportacións destes deportistas sería imposible estar onde hoxe se atopa o Centro Deportivo Jansu – Congelados Asturgalaicos de Rábade.


O club Taekwondo Vilalba Jansu – Congelados Asturgalaico de Rábade , ven acadando ano tras ano este galardón dende o ano 2005 ,2006, 2008, menos no ano 2007 que acadou o de mellor club autonómico.

No 2009 o mellor da provincia de Lugo foi o Neka de Monforte , para neste ano 2010 volve a recaer no Jansu de Vilalba.

Rtdo., 2011-03-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES