
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colabora coa organización do Primavera Sound cara á celebración de seis showcases de bandas galegas dentro do PrimaveraPro, a área para profesionais do festival que se celebra a finais de maio en Barcelona. Esta iniciativa suporá, ademais, a primeira participación conxunta da música galega nesta cita de referencia internacional dentro do panorama alternativo e independente.
Con tal fin, a entidade da Consellería de Cultura e Turismo está a desenvolver un proceso de preselección de 10 grupos, que serán propostos á organización do PrimaveraPro para que esta elixa as seis bandas galegas que finalmente tocarán en dous escenarios Showcase e VICE diante do público especializado de diferentes países que se dará cita do 26 ao 28 de maio no recinto do Parc del Fòrum.
Todos estes grupos deberán estar representados, así mesmo, por empresas galegas, ademais de se axustar aos estilos musicais promovidos polo festival barcelonés, abandeirado da escena indie en xéneros como o pop, o rock ou a electrónica, entre outros. Ademais dos gastos de aloxamento e desprazamento, as seis formacións contarán co apoio da organización na produción dos showcases e na promoción dos mesmos na prensa especializada, ademais de entre o público do festival e os profesionais acreditados.
Participación agrupada
O festival Primavera Sound puxo en marcha en 2010 a iniciativa PrimaveraPro como unha ferramenta enfocada aos profesionais da industria musical mediante espazos de encontro e negocio, conferencias, mesas de traballo, showcases e recepcións, entre outras actividades específicas. A través das seis bandas finalmente seleccionadas, a música galega participará de xeito agrupado neste encontro, onde estarán representadas axencias de management, promotoras de concertos, distribuidoras e demais empresas do sector, ademais de prensa e organismos públicos.
O festival Primavera Sound celebra en 2011 a súa décimo primeira edición con máis de 125 grupos confirmados ata o momento nun cartel que se desenvolverá en oito escenarios. O grupo galego Triángulo de Amor Bizarro forma parte deste ampla listaxe, xunto a nomes como Animal Collective, El Guincho, PJ Harvey, Interpol ou Sufjan Stevens. A organización prevé que arredor de 30.000 persoas visiten cada día o festival, que amplía de tres a cinco os días de concertos: o 25 e 29 de maio no Poble Español e do 26 ao 28 no Parc del Fòrum.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.