
O Teatro Municipal de Tui acolle o venres 25 de febreiro ás 20h a representación de Konrad, ou o neno que saíu dunha lata de conservas da man de Sarabela Teatro.
Trátase dunha comedia infantil, con sesenta minutos de duración, dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda e interpretada por Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Tito R. Asorey e Nate Borrajo.
As entradas para esta representación están xa á venda ata o venres ás 13h na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 3, e 2 para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.