Notas de prensa

Antón Bao anuncia que porá en marcha a I Copa Deputación de Piragüismo

“Despois de 7 anos, volvemos contar cunha proba que implica aos clubs lucenses, o que é unha boa noticia para o noso piragüismo”, afirmou Bao. Os clubs Altruán de Ribadeo, Club de Piragüismo de San Cibrao, Kaiak Foz, Club de Piragüismo de Viveiro, Club de Piragüismo Cidade de Lugo e Club Fluvial de Lugo participarán na competición e organizarán as probas.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, presentou no salón de actos do pazo de San Marcos a I Copa Deputación de Piragüismo, na que participarán seis clubs lucenses e que se disputará ao longo de varias probas entre os meses de abril e outubro. Na presentación desta proba, amparada economicamente pola Área de Deportes da Deputación, participaron tamén o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Xosé Alfredo Bea García, e mailo seu delegado en Lugo, Martín Carballo Méndez. Unha vez realizada a presentación da proba, o vicepresidente da Deputación, Antón Bao, así como o presidente da Federación Galega de Piragüismo, asinaron o convenio mediante o cal a Deputación de Lugo compromete a súa axuda económica para a posta en marcha da I Copa Deputación de Piragüismo e a outra parte correrá coa organización. O regulamento oficial desta competición estará dispoñíbel mañá na páxina web da Vicepresidencia 1ª da Deputación www.v1deputacionlugo.org no apartado “documentación”.

Na súa intervención, Antón Bao destacou que “despois de 7 anos, volvemos contar cunha proba que implica aos clubs lucenses, o que é unha boa noticia para o noso piragüismo”. Bao lembrou que desde a chegada ao goberno da Deputación, un dos obxectivos que se estabeleceron desde a súa Área de Deportes foi “a revitalización dun deporte histórico en Lugo, como o piragüismo, comezando por volver a poñer en marcha a escola de Piragüismo que se atopaba en estado de abandono”. Deste xeito, o vicepresidente continuou explicando que “agora os esforzos centráronse en apoiar aos clubs lucenses de piragüismo, auténtico motor do deporte, a través da mediación da Federación Galega de Piragüismo, para organizar esta competición que hoxe se presenta, a I Copa Deputación de Lugo de Piragüismo” e que “agardemos que sexa un primeiro paso de cara ao futuro para que o piragüismo goce en Lugo da saúde que merece”.


Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, 2011-02-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES