Notas de prensa

Antón Bao recibe ao atleta Maxi Rodríguez, gañador de dúas medallas de bronce nos mundiais

O atleta agradeceu a disposición do vicepresidente da Deputación polo recoñecemento e valorou o apoio que a Ãrea de Deporte está a dar ao atletismo coa construción do módulo cuberto de atletismo.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, recibiu no seu despacho do Pazo de San Marcos ao atleta afincado en Lugo, Maxi Rodríguez, que vén de acadar dúas medallas de bronce nos Mundiais Paralímpicos disputados en Nova Zelandia. O lucense Maxi Rodríguez obtivo o bronce nos 200 metros para a clase T12, para discapacitados visuais, así como o bronce no 4x100 relevos que se disputa por equipos, onde o equipo español estabeleceu ademais a plusmarca do Estado.

Antón Bao felicitou ao atleta paralímpico polos seus éxitos deportivos, froito do seu esforzo e constante superación persoal, e alegrouse por “ver como constantemente os deportistas lucenses colleitan éxitos a nivel internacional, o que demostra a vitalidade do noso deporte, que conta sempre co apoio da Ãrea de Deportes da Deputación en todos os sentidos”. Bao tamén lle trasladou a Maxi Rodríguez, logo de que o atleta lle explicase que se está a adestrar en Madrid pola comodidade das instalacións cubertas que inflúe bastante no rendemento dos atletas de velocidade, que se están a cumprir os prazos marcados e axiña se comezará a construír o módulo cuberto de atletismo en Lugo que financia a Ãrea de Deportes da Deputación, o que permitirá nun futuro que este atleta e moitos outros deportistas lucenses se beneficien destas instalacións para adestrar no inverno. Ademais, avanzoulle ao atleta lucense que están a piques de saír as bases das axudas en concorrencia para deportistas individuais para este ano 2011, o que lle permitirá optar a unha axuda para afrontar as numerosas competicións ao longo do ano. Para rematar, Antón Bao entregoulle ao atleta un pequeno trofeo co emblema da Ãrea de Deportes da Deputación, como recoñecemento polos éxitos e coa esperanza de que lle dea moita sorte a Maxi Rodríguez nas futuras competicións nas que participe.

Pola súa banda, o atleta, que se achegou acompañado dos seus pais, agradeceu a disposición do vicepresidente da Deputación polo recoñecemento e valorou o apoio que a Ãrea de Deporte está a dar ao atletismo, sobre todo impulsando a construción do módulo cuberto de atletismo, que definiu como “unha gran noticia para o atletismo lucense”. Maxi Rodríguez ensinoulle as medallas de bronce logradas a Antón Bao e amosouse moi ledo por todo o apoio recibido, ao mesmo tempo que agardou poder continuar a colleitar éxitos deportivos, coa mirada posta nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, e tamén en aproveitar a posibilidade de trasladarse a Lugo definitivamente unha vez que poida adestrar no módulo de atletismo cuberto.

Avances no proxecto do Módulo Cuberto de Atletismo

Tal e como o vicepresidente da Deputación avanzou, estanse a cumprir os prazos para a construción do módulo de atletismo. Desde a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo enviouse unha copia do proxecto de construción do módulo cuberto de atletismo a Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo, e a José María Odriozola, presidente da Federación Española. O obxectivo é procurar o asesoramento tanto do presidente da Federación Española como do da Galega, e deste xeito consensuar todos os trámites de cara á homologación da nova instalación e evitar calquera atranco.

Do mesmo xeito, comeza o prazo para a recepción de solicitudes de participación no procedemento de contratación das obras para a construción deste módulo cuberto de atletismo, e o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento de negociado con publicidade para a adxudicación, por 1.150.000 euros, da construción do módulo cuberto de atletismo. As solicitudes de participación no procedemento de contratación das obras para a construción deste módulo cuberto de atletismo deberán de presentarse polos licitadores durante o prazo de 10 días, acompañadas da documentación esixida. Os contratistas poderán acreditar a súa solvencia económica e financeira así como a técnica e profesional. O número de candidatos invitados a presentar proposición deberán de ser como mínimo tres, e no caso de que sexan menos ou non cumpran os criterios de selección, poderase continuar o procedemento cos que reúnan as condicións esixidas.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, 2011-02-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES