Notas de prensa

A gastronomía galega chega a 15 millóns de persoas a través de Xantar

O salón recibiu a 22.250 visitantes, dos cales 18.650 comeron ou cearon nalgún dos 19 restaurantes. O 90% dos expositores e dos visitantes manifestaron a súa intención de repetir na vindeira edición.

Xantar 2011 pechou as súas portas tendo superadas as expectativas da organización e dos expositores logo de cinco días de intensa actividade. Unha vez analizados todos os datos, a organización calcula que a 12ª edición do Salón Galego de Gastronomía e Turismo contou con 22.250 visitantes, un 1,4% máis que no 2010, dos cales 18.650 comeron ou cearon nalgún dos 19 restaurantes do salón. Isto implica un incremento do 4,8% no número de comensais no que puido contribuir a redución no prezo dos menús sen baixar nin a calidade nin a variedade dos mesmos.

Os restaurantes desta edición rexistraron un alto grao de ocupación, sobre todo, durante a fin de semana. O sábado día 5 de febreiro foi a xornada que rexistrou maior número de visitas, un total de 6.900. Polo que respecta á procedencia dos visitantes a Xantar, un 42% procedían da provincia de Ourense e un 39% do resto de provincias galegas, sendo Pontevedra, cun 21% a que contou con maior número de visitantes. Ademais destaca o feito de que un 13% procedía de Portugal e un 10% do resto de España. Estes datos conlevan o aumento do nivel de ocupación dos establecementos hoteleiros da cidade e os arredores durante os cinco días de celebración de Xantar.

Enquisas de satisfacción

As enquisas de satisfacción realizadas aos expositores reflicten que un 90% ten intención de repetir na vindeira edición. Acádase o mesmo índice cando se lle pregunta aos vistantes. Estes valoraron a calidade dos menús con 8.5 puntos (sobre 10). Estes datos levan a que a valoración xeral de Xantar 2011, tanto por expositores como por visitantes, se sitúe nos 8.6 puntos.

Impacto mediático

A oferta da gastronomía galega presente nesta edición de Xantar foi seguida por máis de 15 millóns de persoas a través da información emitida e publicada polos principais medios de comunicación estatais. Os informativos das canles Antena 3, La Sexta e Telecinco cubriron o salón e programas de TVE como “España Directo” ou “La mañana de la 1” emitiron en directo para todo o país. A estas hai que engadir as canles televisivas autonómicas e locais como a TVG, V Televisión ou Telemiño que deron boa conta de todo canto acontecía neste salón.

No que respecta á radio, Xantar estivo presente na programación da Cadena COPE a nivel nacional. No salón foron grabados ademais cinco programas de “Paisajes y sabores”, emitido por Radio Nacional de España- Radio Exterior e que chega a todos os países de fala hispana cunha audiencia media de entre 4 e 5 millóns de persoas.

Xantar 2011 contou con 137 expositores (un 13% máis que na edición de 2010) que ocuparon 12.000 metros cadrados de superficie. Entre eles destacan os 19 restaurantes, un maís que o ano pasado, procedentes de Galicia, das comunidades autónomas e rexións turísiticas portuguesas e de Francia, país convidado nesta edición. Todos eles ofreceron un total de 29 menús con prezos para todos os petos que ían dende os 12 ata os 32 euros, unha redución media do 10% con respecto a outras edicións.


Silvia Pardo (coordinadora de Comunicación de Expourense), 2011-02-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES