
En declaracións aos medios tras visitar o Instituto Galego de Estatística (IGE), Fernández Currás explicou que a caixa galega, en caso de recibir o FROB e non adiantar estes saneamentos, estaría xa en disposición de cumprir os novos ratios anunciados polo Executivo central.
A titular de Facenda explicou que o marco xeral segue a ser a LORCA, con todas as súas posibilidades abertas, pero criticou os bandazos do Goberno central. Así, indicou que hai uns meses as provisións de cara ao futuro no concepto de perda esperada, era unha garantía de solvencia.
Sen embargo, engadiu que agora se cambiou a folla de ruta, cunha novas esixencias. "A caixa ao adiantar provisións sacrificou a cifra de capital, se a folla de ruta fose outra, tería reforzado o capital da maneira que fixeron outras entidades financeiras", sinalou.
Por outra banda, salientou que Novacaixagalicia fixo pública a súa exposición ao sector inmobiliario, e esta está por debaixo da media, xa que 16 entidades están peor e 10 mellor, cunha composición moi importante do risco inmobiliario que é minorista e unha porcentaxe de morosidade moi baixa. "Creo que as noticias son boas e que este proxecto non ten nin tivo no seu momento ningún risco de insolvencia. Agora hai un cambio de rumbo, un bandazo, un requeriminto mínimo de capital que non é esixido a ninguén do noso entorno e supón adiantar o calendario de Basilea do ano 2019", razoou.
Contactos contantes
Marta Fernández Currás tamén confirmou que o seu departamento mantén contactos constantes cos dirixentes da caixa galega e cos responsables do Banco de España e que se mantén expectante ata coñecer o contido do real decreto lei anunciado polo Goberno central para coñecer especificamente cales son as esixencias e as solucións.
En calquera caso, concluíu que, a pesar de que España está tendo problemas de credibilidade, non son as caixas de aforros precisamente as culpables, senón que o que non axuda son estes cambios constantes de rumbo do Executivo central.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.