Notas de prensa

Inauguración do curso catequetico 2004-2005: Familia coida da fe

A Delegación de Catequese da Diocese de Lugo pon en marcha un novo curso catequético coa presentación dos obxectivos e materiáis a utilizar. O acto de presentación terá lugar o sábado, día 16 de outubro de 2004, na Casa Diocesana de Exercicios.,

Os materiáis de formación e reflexión que se presentan en Lugo foron elaborardos en coordinacións coas Delegacións de Catequese de Galicia. Baixo o lema Familia: ¡Coida a fe!, o material de reflexión para este curso está orientado á formación de todos aqueles que teñan unha mínima inquietude por vivir a fe coherentemente, nas circunstancias actuais. Este material forma parte da proposta das Delegacións de catequese para os vindeiros tres cursos, e que ten como eixo central motivar e axudar as familias a profundizar na súa fe, a asumir a responsabilidade educadora e a participar na catequese da comunidade cristiá. E para elo propoñen temas de traballo sobre a familia, base da sociedade e ámbito primordial do ser humano, sen a cal é imposible o crecemento harmónico e a maduración das persoas, tanto no aspecto humano como da fe. Os temas  propostos van dende a reflexión da familia na encrucillada do cambio e a desestabilización, a reflexión sobre a súa identidade e vocación, a importancia da familia na educación e na transmisión da fe. Os actos do día comezarán a partires das 10.30 da mañá e serán coordinados por José Pérez Barreiro, Delegado Diocesano de Catequese. Ãs 11 presentará o obxectivo e os materiáis para o novo curso e rematará a xornada cunha Eucaristía, presidida polo Bispo diocesano.

Secretaría de Medios de Comunicación Bispado de Lugo, 2004-10-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (gozo-festival-2026.jpg) Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crítica e público.
Foto de la tercera plana (20251210-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.

Notas

A mostra 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento' chega ao Claustro Alto do Colexio de Fonseca para, en palabras da comisaria, Belén Trigo, 'buscar e descubrir os aspectos menos tratados' da figura deste intelectual rexionalista e 'establecer un diálogo entre dúas épocas', o século XIX e as primeiras décadas do século XXI. A exposición, que pode visitarse ata o 15 de xaneiro, conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis.
Organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, a exposición Do final e do comezo reúne as creacións que 25 novos tituladas e titulados deste centro desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao . As obras de 21 egresadas e catro egresados foron seleccionadas para unha mostra que busca achegar á cidadanía o proceso de 'construción e reconstrución' como artistas que implicou a súa formación, á vez que reúne un conxunto de pezas que representen as múltiples disciplinas traballadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES