Notas de prensa

Os buques de baixura beneficiaranse das axudas á paralización definitiva

A Consellería do Mar destina a esta convocatoria específica para 2011 preto de 3 millóns de euros aos que se suman os máis de 10 millóns das axudas de paralización definitiva convencional.

Os buques de baixura (artes menores e cerco) poderán beneficiarse por primeira vez das axudas á paralización definitiva grazas á convocatoria específica realizada pola Consellería do Mar. O departamento de Rosa Quintana convoca estas axudas de xeito oportuno e previsorio tendo en conta que a convocatoria está suxeita á aprobación por parte do MARM do plan de axuste do esforzo pesqueiro para a frota de baixura que contempla o Plan de Xestión Integral presentado ao Ministerio polas comunidades do Cantábrico Noroeste. A estas axudas a Consellería destina para 2011 un total de 2.999.600 e están cofinanciadas polo Fondo Europeo da Pesca.

Aínda que non estaban excluídos das axudas de paralización definitiva convencionais, estes buques non podían acceder a elas por non estar incluidos en plans de axuste do esforzo pesqueiro. Co plan integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico Noroeste poderían facelo, de aí que estas axudas convocadas pola Xunta teñan como obxectivo mellorar a xestión das achegas á paralización definitiva dos buques e de permitirlles optar a elas.

Para poder acceder a estas achegas é indispensable que o MARM dea luz verde ao Plan de Xestión Integral da pesca de baixura no caladoiro Cantábrico-Noroeste e que os buques solicitantes estean afectados por este plan. Os interesados poderán consultar o resto dos criterios de selección no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

Axudas de paralización convencional

Por outra banda, cabe destacar que a Consellería tamén publicou a convocatoria para 2011 destas axudas para o resto dos buques pesqueiros. A esta destina un importe de 10.651.547 euros. Con esta cantidade e a de baixura a Consellería destina máis de 13.500.000 euros ás axudas de paralización dos buques. Neste caso os criterios de selección están dispoñibles no Diario Oficial de Galicia do 28 de decembro e neles prímanse os buques que estean incluídos en plans de xestión ou recuperación.

O prazo de presentación desta convocatoria e da de baixura será ata o 31 de xaneiro de 2011 e con este tipo de axudas preténdese axeitar a capacidade pesqueira da frota aos recursos mariños, mediante a redución do esforzo pesqueiro. Así Mar busca lograr un equilibrio sustentable que asegure que a pesca siga a ser unha actividade de desenvolvemento económico para a nosa comunidade.

Gabinete de Comunicación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, 2010-12-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES