
O Comité autonómico de emprego (CAE) reuniuse para facer balance das medidas desenvolvidas durante ano 2010 en materia de emprego e para coñecer as liñas estratéxicas que se levarán a cabo durante o próximo ano.
A xuntanza, que se celebrou en Santiago de Compostela, estivo presidida pola directora xeral de Formación e Colocación, Ana MarÃa DÃaz, xunto co director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida. à reunión tamén asistiron o resto de membros do CAE, isto é, representantes da Confederación de Empresarios de Galicia; asà como dos sindicatos CCOO, UGT e CIG; e do Servizo Público de Emprego.
Durante o encontro, realizouse un repaso pola situación laboral ao longo deste ano e un balance das axudas postas en marcha desde o departamento autonómico, facendo especial fincapé no número de beneficiarios acadados. AsÃ, en global, en todas a ordes que abarcan desde a formación, ás subvencións á contratación, ou ao apoio ao emprego á persoas con discapacidade, beneficiáronse durante 2010 máis de 94.000 persoas.
Ademais, concretáronse as principais ordes que estarán en marcha durante o próximo ano referidas ao emprego, asà como aquelas que se están a definir actualmente no diálogo social.
Asà mesmo, informouse que, tamén no marco do diálogo social, se está a abordar a reformulación dos órganos colexiados de carácter administrativo adscrito á ConsellerÃa de Traballo, entre os que se encontra o CAE, os comités provinciais de emprego e os pactos territoriais polo emprego co fin de dotalos dunha maior operatividade.
Deste xeito, en materia de formación e colocación, tratáronse as seguintes ordes. A primeira, a que regula as subvencións para as entidades que realicen actividades de información, orientación e busca de emprego, da que se beneficiaron este ano un total de 179 entidades. Para o ano 2011, contará cun investimento de 7,2 millóns.
Ademais, citouse a orde para a posta en marcha de programas integrados para o emprego, que o próximo exercicio estará dotada con 2,2 millóns. O balance de 2010 reflicte que participaron nestas iniciativas un total de 1.930 persoas, a través de 21 entidades que levaron a cabo estas fórmulas experimentais de actuación.
Nesta liña de actuación, teñen especial importancia as ordes de formación dirixidas a persoas traballadoras ocupadas, asà como a desempregados. No caso dos traballadores ocupados, as ordes de formación intersectorial e sectorial, mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, contará en 2010/2011 con 29 millóns de euros, o que beneficiará a unhas 40.000 persoas, 1.000 máis que no perÃodo 2009/2010, xa que aumenta o seu orzamento.
Para formar a ocupados tamén seguirán en marcha as accións formativas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, aÃnda que o seu orzamento exacto para o próximo ano está aÃnda en debate no seo do Diálogo Social. Pola súa banda, a formación para desempregados terá un investimento en 2011 de 53,5 millóns de euros e ten previsto formar a 23.000 persoas.
Promoción do emprego
Xa na área da promoción do emprego, unha das ordes principais que se trataron na xuntanza do CAE foi o programa de axudas para subvencionar a contratación de persoas desempregadas por parte de entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro. Estes plans de cooperación contarán en 2011 con 69,8 millóns de euros. EstÃmase que en 2010 unhas 5.500 persoas desempregadas se beneficiaron destas contratacións, número que se incrementará no próximo exercicio.
Nesta área, tamén continuará funcionando o programa de axudas e subvencións para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio por parte de entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro, co fin de dinamizar e xerar novas actividades. Prevese un orzamento inicial para o próximo ano de 5,1 millóns de euros. Durante este ano, grazas a esta convocatoria, contratáronse 179 axentes de emprego e unidades de apoio.
Na mesma liña de actuación situase o programa de axudas para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local (AEDL), que terá en 2011 un orzamento previsto de inicial de 6,3 millóns de euros. Durante este ano, contratáronse 285 axentes de emprego.
Outra das iniciativas que se abordaron foron os programas mixtos de formación e emprego (escolas obradoiro e obradoiros de emprego, fundamentalmente). En 2011, destinaranse aos mesmos un total de 15 millóns de euros.
Xa no que se refire ao programas de fomento directo da contratación, o primeiro que hai que matizar é que actualmente se atopan en debate no seo do diálogo social. De cara ao próximo exercicio, estÃmase un orzamento inicial de 21,1 millóns de euros para incentivar a contratación indefinida inicial, a transformación de contratos temporais en indefinidos e a contratación temporal.
O balance de 2010 destas axudas que máis de 4.000 persoas se beneficiaron ou ben da contratación indefinida inicial, ou da transformación do seu contrato temporal en indefinido; ou, por último, dunha contratación temporal.
Tamén se abordou na xuntanza outro programa que se está a debater no diálogo social, que son os incentivos a plans empresariais de incremento da estabilidade laboral. Trátase de fomentar o emprego fixo e de calidade apoiando o cambio estrutural dos cadros de persoal das empresas cara un maior nivel de estabilidade.
Outro punto importante na creación de emprego é o apoio aos emprendedores. Nesta liña, destacouse que en 2011 o programa de promoción do emprego autónomo contará cun orzamento de 22,7 millóns de euros. En 2010, máis de 3.600 persoas desempregadas se beneficiaron deste programa que subvenciona, por exemplo, o establecemento como traballador por contratación propia, ou as axudas para asistencias técnicas.
Ademais, citáronse outros programas como o de fomento de iniciativas emprendedoras e de emprego (con 2,5 millóns de euros previstos en 2011); o programa de axudas e subvencións ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (0,6 millóns de euros no ano próximo); ou os incentivos para promover a afiliación á seguridade social das persoas cotitulares ou titulares das explotacións agrarias, especialmente dirixido ás mulleres (en 2011 contará cun investimento de 0,3 millóns de euros).
No eido da contratación ás persoas con discapacidade, destacáronse na xuntanza os incentivos á contratación de persoas con discapacidade na empresa ordinaria, aos que se destinarán un total de 2,8 millóns de euros no próximo ano. Este ano beneficiáronse destas actividades case 300 persoas. Nesta mesma liña de actuación, en 2011 continuará funcionando o programa de emprego con apoio para persoas con discapacidade, que terá un orzamento de 0,4 millóns de euros.
Na mesma área de actuación, citouse como exemplo o programa de creación, ampliación e mantemento dos centros especiais de emprego para persoas con discapacidade. O próximo ano destinarase a este fin 12,9 millóns de euros. Este ano, beneficiáronse da actividade destes centros máis de 1.700 persoas con discapacidade. Tamén se investirán 0,8 millóns de euros nas subvencións para as unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego. Por último, incentivaranse ás empresas de inserción laboral con 0,4 millóns de euros en 2011.
A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu tÃtulo do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e MarÃa Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.