
O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, e presidente nestes momentos do CB Breogán, asinou con Justo Jorge López, director-xerente de Polusa, un convenio mediante o cal a clínica lucense se compromete a aportar o apoio médico para o desenvolvemento das actividades deportivas do CB Breogán, no que compete a atención médica nos partidos xogados como local, prevención e tratamento de lesións dos xogadores no caso de producírense.
Pola súa parte, Antón Bao destacou que a sinatura deste convenio permite que o Breogán aforre unha parte importantísima de diñeiro que suporía a contratación dos servizos médicos a cambio de ofrecer o soporte publicitario a Polusa, e agradeceu a colaboración e implicación de Polusa nun exemplo do que debe ser o deporte nunha cidade, implicando a todos os estamentos da sociedade lucense.
Justo Jorge López, director xerente de Polusa, agradeceu tamén ao CB Breogán o excelente clima de colaboración que se vén fraguando desde tempo atrás e valorou o traballo que esta entidade está a desenvolver, non só como club profesional, senón nas categorías de base poñendo en valor o deporte intimamente
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.