Xornada de debates sobre medios de comunicación e violencia contra as mulleres
Participarán un cento de representantes cÃvicos e xornalistas.
Para abordar a complexa problemática que xera a violencia de xénero, e de maneira especial os efectos que ten nas mulleres que a sofren e nos procedementos que seguen os medios para reflectila, o Observatorio Galego dos Medios (do Colexio de Xornalistas) organizou para o dÃa 16 de outubro unha xornada sobre Medios de comunicación e violencia contra as mulleres. Celebrarase durante todo o dÃa no Instituto Galego da Información (San Marcos- Santiago), e nela intervirán, ao longo do dÃa, representantes de medio cento de institucións e colectivos sociais, por unha parte, e medio cento de xornalistas galegos, pola outra. A xornada conta co patrocinio da Deputación de A Coruña. Nas catro mesas programadas intervirán inicialmente persoas que teñen directa ou indirectamente algún tipo de intervención en calquera das fases polas que unha muller maltratada se ve obrigada a pasar: a do tempo do suceso en si, a da asistencia, a da recuperación do seu estatus vital e socio-laboral (asociacións de mulleres, psicólogos, médicos, forzas de seguridade, tribunais, casas de acollida, colectivos cÃvicos en defensa dos dereitos da muller, entre outros). Coa comunicación de experiencias, tanto no relativo á situación das vÃtimas como ao tratamento informativo que reciben por parte dos medios, abriranse os debates cos xornalistas que cubren habitualmente en Galicia este tipo de feitos, intervindo asemade algúns dos máis recoñecidos expertos nesta problemática. Os xornalistas terán asà a oportunidade de intercambiar ideas e puntos de vista con todas as posÃbeis fontes ás que acudiren para a cobertura de casos de violencia doméstica, en cada unha das fases do proceso ao que se enfronta unha muller maltratada. Desta maneira, poderán axustar os procedementos para a producción informativa dese tipo de situacións conflitivas e, en consecuencia, cumprir coas esixencias éticas e profesionais que tanto as vÃtimas como a sociedade lles demandan. A xornada rematará coa aprobación da Declaración de Compostela, ou código que serva de referencia para a correcta cobertura informativa do suceso violento e das súas consecuencias para a muller que o sufre e para a sociedade, pois que se trata non só de actos criminais senón tamén dunha lacra social a extirpar.
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, 2004-10-08
Actualidad

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentou hoxe a programación da súa 42ª edición, que se celebrará entre os dÃas 22 de xuño e 6 de xullo no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, asà como nas rúas e noutros espazos da vila do Morrazo, que acollerán 26 espectáculos e un nutrido programa de actividades lúdicas e sectoriais. O certame, organizado desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, é un dos poucos festivais de teatro europeos cuxo principal selo de identidade é a comedia, unha marca consolidada e referente da produción escénica deste xénero en calquera das súas vertentes: negra, branca, xestual, contemporánea, circense, dramática, musical e, dende hai máis dunha década, tamén na danza.

A praza Conde de Fontao de Foz será o enclave elixido para a actuación extraordinaria do festival o 31 de xullo con La Carroza Del Real, mentres que o destacado pianista Denis Kozhukhin abrirá oficialmente o ciclo de concertos o 12 de agosto na Fortaleza de Alfoz. O 13 de agosto a Real FilharmonÃa de Galicia e o Coro da Comunidade de Madrid realizarán o primeiro concerto sinfónico-coral no que interpretarán o Réquiem de Mozart na Catedral de Mondoñedo. A clausura do XII Festival Bal y Gay será co barÃtono galego Borja Quiza, o 21 de agosto, no Teatro Pastor DÃaz de Viveiro, cita na que tamén participarán o pianista Javier Carmena e a mezzosoprano Andrea Rey, nunha proposta que mesturará as raÃces galegas e españolas.
Notas
Afondar no papel que a evidencia cientÃfica pode e debe xogar nas decisións polÃticas e na implantacións de polÃticas públicas foi o obxectivo central da conferencia impartida pola presidenta do Consejo Superior de Investigaciones CientÃficas, EloÃsa del Pino, na UVigo. Sustentar as actuacións públicas na ciencia, defendeu Del Pino, posibilita en primeiro termo 'ser eficiente cos recursos, porque sabes que é máis probable que unha polÃtica funcione, aÃnda que non é unha garantÃa de éxito'.
A Sociedade Europea de Biomateriais recoñeceu cun dos seus premios europeos de doutoramento Julia Polak 2025 a Ana Iglesias Mejuto e Miguel Pereira Silva, que realizaron a súa tese de doutoramento en iMATUS da USC. O galardón distingue persoal investigador novo que completou un doutoramento de excelencia no ámbito dos biomateriais e a enxeñerÃa de tecidos, valorando tanto a calidade da súa investigación como a súa formación internacional.