Notas de prensa

A Copa do Mundo chega a Galicia poucos días antes de rematar o Xacobeo 2010

O presidente da Xunta agradece a xenerosidade da Federación Española de Fútbol “por cumprir a palabra dada e estar aquí, coa Copa do Mundo antes de pechar a Porta Santa que non se volverá abrir ata o ano 2021”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que “este ano foi o éxito mundial do fútbol de España e o éxito cultural de España foi o Xacobeo 2010, con 9 millóns de visitantes”. “Este ano –dixo- foi o ano do éxito do fútbol como equipo, no que non hai máis figuras que o traballo ordenado, a previsión, o esforzo, o adestramento e o traballo colectivo, e o éxito do Xacobeo 2010. Nove millóns de persoas viñeron a Galicia para recorrer un camiño; o camiño da vida, da espiritualidade …, en definitiva, o camiño da cada un dos que fixeron o Camiño de Santiago este 2010”.

Logo de recibir ao adestrador da Selección Española de Fútbol e ao presidente da Real Federación Española de Fútbol, Feijóo transmitiu en nome dos galegos a “alegría” que significa a Copa do Mundo e apelou aos seus valores para superar estes momentos de dificultade, “para conseguir que o éxito colectivo do fútbol se poda trasladar tamén ao éxito colectivo da superación desta fase de desesperanza e desasosego que inunda á sociedade española no ámbito económico pero sobre todo no ámbito do desemprego”.

O responsable do Goberno galego destacou que detrás desta Copa do Mundo “hai moitos anos, moitos xogadores, moitos clubes, moitos adestramentos, moita canteira, millóns de horas de traballo, miles de futbolistas practicando un deporte e millóns de afeccionados admirando á súa selección. Hai o esforzo, o traballo, o sacrificio que son os valores da Selección e que son os valores que conseguen éxitos”.

Así mesmo, agradeceu a xenerosidade da Federación “por cumprir a palabra dada e estar aquí, hoxe, coa Copa do Mundo antes de pechar a Porta Santa que non se volverá abrir ata o ano 2021”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-12-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES