Notas de prensa

O apalpador achega aos lucenses un Nadal en galego

Procedente dos montes do Caurel, despois de percorrer as rúas da cidade, o Apalpador recibiu, diante da Deputación, aos nenos e nenas con castañas para encher os seus bandullos baleiros.

O Apalpador percorreu, procedente dos monte de O Caurel, as rúas da cidade de Lugo na tarde do día de Nadal. Dende a súa chegada á cidade e acompañado do burro Cuco paseou pola rúa Bispo Aguirre, a praza Maior, a praza do Campo. Recibiu aos nenos e nenas e agasallounos con con castañas para encher os seus bandullos. No seu percorrido, o Apalpador, estivo acompañado por músicos da Asociación Cultural Cantigas e Frores que quixeron apoiar, de xeito desinteresado, a chegada a Lugo deste persoeiro tradicional do nadal galego.

Numerosos lucenses achegaronse ao Apalpador para coñecer de preto esta figura do nadal galego que se está a recuperar con forza despois de que permanecer esquecida durante anos. Un persoeiro, que, en contra dos hábitos consumistas, pregoa un nadal austeiro e sostible axeitado para estes tempos de crise. O Apalpador ten entre as súas preferencias agasallos de manufactura artesanal, algúns deles feitos de madeira por el mesmo coa súa propia navalla, e tamén os agasallos elaborados con produtos da terra como as castañas, noces, e outros froitos secos.

A Área de Cultura da Deputación, a través da organización de Xuvenlugo, puxo os medios para recuperar a figura do Apalpador, unha personaxe tradicional do Nadal lugués que procede das montañas do Caurel, de onde baixa no Nadal para apalpar as barrigas dos nenos e nenas de Galiza para comprobar se teñen fame e deixarlle unha presada de castañas e agasallos.

OApalpador

O vello Apalpador, ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de Nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte de España (Olentzero vasco e Esteru astur-cántabro) e probabelmente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galiza estaba practicamente esquecido. O rito da Noite do Apalpadoiro foi descrito por varios estudosos e a figura do personaxe refírese na zona da montaña lucense e, nomeadamente, no Courel. Estes persoeiros da tradición pagana, baseados no oficio dos carboeiros, foron desacreditados historicamente para reforzar outras figuras máis encadradas no cristianismo, para todos está presente o carbón como o agasallo para os nenos que se portaban mal.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, 2010-12-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES