Notas de prensa

O Grupo Compostela de Universidades acada a concesión dun proxecto na convocatoria Tempus MEDA da UE

O Grupo Compostela de Universidades vén de acadar a concesión do proxecto trianual Implantación e xestión de Oficinas de Relacións Internacionais dentro da convocatoria do Programa Tempus MEDA na súa modalidade JEP (Joint European Project) por un importe total de 425.245,70 euros.

Este proxecto, de aplicación en Marrocos, ten sido o único de xestión universitaria aprobado en España pola Comisión Europea e o único en toda a UE concedido co país africano no ámbito de University Management. O 14 de outubro celebrarase a reunión de lanzamento na sede da Universidade Mohammed V en Rabat.

O obxectivo do proxecto será expertos de 28 universidades pertencentes ao Grupo Compostela formen aos cadros universitarios marroquís en todos os aspectos relativos a internacionalización, xestión de proxectos de investigación, recursos humanos, programas europeos de educación superior, bases de intercambio de estudantes e docentes e liñas estratéxicas de desenvolvemento estrutural universitario. Nesta formación prevese unha serie de titorías personalizadas durante un período mínimo dun mes nalgunha universidade do Grupo Compostela.

Para o desenvolvemento do proxecto formouse un consorcio de universidades que serán coordinadas polo secretario executivo do Grupo Compostela de Universidades, Enrique López Veloso, e que inclúe como socios europeos ás universidades de Santiago, Vigo, Portucalense Infante Don Henrique (Portugal), Masarik en Brno (República Checa), degli Studi di Perugia (Italia), ademais das universidades Mohammed V, Hassan II, Al Akhawayn e Abdelmalek Essaadi de Marrocos.

O proxecto ten recibido o apoio específico do Ministerio de Educación Superior e da Investigación do Reino de Marrocos pola súa importancia para as prioridades nacionais dentro do ámbito do ensino universitario. Neste senso, elaborarase un manual específico de boas prácticas á vez que se constituirá unha asociación temática que continúe o labor iniciado na que participarán todas as institucións de educación superior públicas e privadas de Marrocos.

Gabinete Comunicación USC, 2004-10-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (mitec-42-2025.jpg) A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentou hoxe a programación da súa 42ª edición, que se celebrará entre os días 22 de xuño e 6 de xullo no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, así como nas rúas e noutros espazos da vila do Morrazo, que acollerán 26 espectáculos e un nutrido programa de actividades lúdicas e sectoriais. O certame, organizado desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, é un dos poucos festivais de teatro europeos cuxo principal selo de identidade é a comedia, unha marca consolidada e referente da produción escénica deste xénero en calquera das súas vertentes: negra, branca, xestual, contemporánea, circense, dramática, musical e, dende hai máis dunha década, tamén na danza.
Foto de la tercera plana (musica-clasica.jpg) A praza Conde de Fontao de Foz será o enclave elixido para a actuación extraordinaria do festival o 31 de xullo con La Carroza Del Real, mentres que o destacado pianista Denis Kozhukhin abrirá oficialmente o ciclo de concertos o 12 de agosto na Fortaleza de Alfoz. O 13 de agosto a Real Filharmonía de Galicia e o Coro da Comunidade de Madrid realizarán o primeiro concerto sinfónico-coral no que interpretarán o Réquiem de Mozart na Catedral de Mondoñedo. A clausura do XII Festival Bal y Gay será co barítono galego Borja Quiza, o 21 de agosto, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, cita na que tamén participarán o pianista Javier Carmena e a mezzosoprano Andrea Rey, nunha proposta que mesturará as raíces galegas e españolas.

Notas

Afondar no papel que a evidencia científica pode e debe xogar nas decisións políticas e na implantacións de políticas públicas foi o obxectivo central da conferencia impartida pola presidenta do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Eloísa del Pino, na UVigo. Sustentar as actuacións públicas na ciencia, defendeu Del Pino, posibilita en primeiro termo 'ser eficiente cos recursos, porque sabes que é máis probable que unha política funcione, aínda que non é unha garantía de éxito'.
A Sociedade Europea de Biomateriais recoñeceu cun dos seus premios europeos de doutoramento Julia Polak 2025 a Ana Iglesias Mejuto e Miguel Pereira Silva, que realizaron a súa tese de doutoramento en iMATUS da USC. O galardón distingue persoal investigador novo que completou un doutoramento de excelencia no ámbito dos biomateriais e a enxeñería de tecidos, valorando tanto a calidade da súa investigación como a súa formación internacional.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES