Membros da Aula de Produtos Lácteos do Campus de Lugo trasladaranse o vindeiro mes de novembro ata Lima (Perú) para formar a técnicos da universidade agraria de La Molina no emprego do Simulador Virtual de Produción do Sector Lácteo. Trátase dunha ferramenta de ensinanza on-line desenvolvida integramente no centro lucense e financiada polo Ministerio de Traballo a través do Inem. O simulador permite reproducir 42 operacións unitarias organizadas en 20 bloques que constitúen 12 posibles liñas de fabricación. Deste xeito, calquera acción executada nunha industria leiteira ten a súa réplica exacta no simulador. AsÃ, por exemplo, os usuarios poden simular todas as fases do proceso de fabricación de queixo, dende a descarga do leite na planta produtora ata o almacenamento previo á distribución. Para a súa creación constituÃuse un equipo de máis de vinte membros estructurados en creadores de contidos, programadores informáticos, deseñadores gráficos e asesores didácticos. Todos eles traballaron durante 14 meses para desenvolver unha gran enciclopedia interactiva da industria láctea que conta con 2.120 animacións gráficas, 685 fotografÃas, 43 vÃdeos, 250 enlaces a outras web e 1.000 definicións técnicas. O simulador combina unha área de alumnos e outra de profesores, de xeito que estes últimos poidan seguir en todo momento as tarefas executadas polos estudantes. En total, existen catro niveis de aprendizaxe. No primeiro, só se poden reproducir operacións individualizadas. No seguinte, o alumno xa pode desenvolver bloques de operacións en liña. Nestes dous niveis, o simulador informa o seu usuario de todos os erros cometidos. Por último, contempla dúas fases superiores, unha na que só se advirte dos erros graves e outra na que só se informa daqueles fallos que na realidade impedirÃan continuar desenvolvendo o proceso. Indenpendentemente do nivel de interacción, o simulador rexistra todas as accións para a súa posterior revisión tanto por parte do alumno como do profesor. Ata o de agora, esta plataforma didáctica só é empregada polo Inem e pola propia Aula de Productos Lácteos nos seus seminarios formativos. Non obstante, está a espertar grande interese en diversas universidades e institucións docentes superiores. En calquera caso, nun futuro, unha vez rematada a moratoria que impide o seu emprego polo sector privado, constituirá unha opción de grande interese para as industrias leiteiras, xa que permite simular calquera proba sen necesidade de empregar maquinaria real. Outras das ventaxas deste programa informático é que poden facer prácticas diversos alumnos simultaneamente superando dificultades de accesibilidade xeográfica ou horaria.
Recoñecemento en foros especializados
O simulador foi presentado en febreiro pasado e dende entón xa recibiu diversos recoñecementos en foros especializados nas novas TecnoloxÃas da Información e da Comunicación (TIC). AsÃ, o pasado mes de maio, recibiu o primeiro premio no apartado de universidades no Internet Global Congress de Barcelona, certame no que foron presentados máis dun cento de proxectos. Máis recentemente, ven de gañar un accésit dos Premios Galicia TIC 2004. Entre os aspectos máis destacados desta ferramenta didáctica, sobresae a súa versatilidade xa que pode ser instalada tanto en plataformas Linux como Windows. En total, ocupa un tamaño en disco de 360 Mb, máis 2,61 Gb de vÃdeos.