
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, inauguraron Burela co seu comercio, o 1º programa personalizado e gratuíto posto en marcha na provincia para a mellora do sector. A iniciativa, pioneira na provincia, tivo unha exitosa acollida de xeito que todas as prazas ofertadas quedaron cubertas ós poucos días da súa presentación. 20 comerciantes burelenses recibirán 250 horas de asesoramento individual e práctico, e acadarán un plan de mellora adaptado as súas necesidades. A Deputación faise cargo de todos os custes aforrando 80.000 euros ó sector, o prezo segundo o mercado deste servizo.
Gómez Besteiro salientou que a verdadeira columna vertebral da economía lucense son os autonomos e o pequeno comercio. Estou seguro de que obterán neste curso o mellor asesoramento e a discreción que a todos nos gusta cando se fala dos numeros dun negocio". Pola sua banda, o Alcalde destacou que se aguanta o comercio, aguanta o emprego. O que sexa positivo para os comerciantes tamén o é para o Concello de Burela"
Expertos económicos comezan xa a visitar os establecementos esta semana na que o programa estará adicado ó marKeting. Deste xeito, avaliarán in situ e de forma individualizada as vendas, a colocación, o etiquetado, o prezo, a distribución ou a calidade dos produtos; o trato, a información, e ata a recuperación ou a conserva dos clientes; así como as técnicas fronte á competencia, ou as de promoción e publicidade.
Durante 6 semanas, os participantes terán a oportunidade de coñecer, e sempre de forma adaptada ós seus negocios, as oportunidades no mercado, as negociacións con provedores e institucións financeiras, o contorno xurídico laboral e fiscal, as actividades de merchandising, a xestión dos stocks, os posibles proxectos de expansión ou remodelación comercial, e ata as estratexias defensivas ou de cooperación.
Compromiso co tecido empresarial
Dos catro programas da Deputación para impulsar ó tecido empresarial da provincia, dous celebráronse na Mariña. O organismo provincial levou a Viveiro unha programación sobre a sucesión na empresa familiar, e agora estrea en Burela un programa especializado no pequeno comercio.
O compromiso da Deputación co sector empresarial da Mariña tamén é cuantificable nos máis de 250 autónomos da zona ós que o organismo provincial lles subvenciona os gastos correntes tales como os recibos de luz e teléfono, seguros ou aluguer, mediante unhas subvencións novidosas en España dirixidas a este sector. Moitos dos beneficiados son comerciantes e hosteleiros que forman parte dos centos de provedores de Km0.Deputación de Lugo, o programa medioambiental grazas ó cal aumentaron a súa clientela logo da visita ós seus establecementos de miles de participantes nesta iniciativa.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.