Notas de prensa

A Xunta e Agestic achegan as claves do negocio dixital a cinco polígonos industriais lucenses

A delegada territorial, Raquel Arias, subliñou a importancia de “estimular unha cultura da innovación” e facer ver ás pequenas e medianas empresas que as novas tecnoloxías resultan “imprescindibles para ser competitivos” .

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, acompañada polo presidente da Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic), José María López Bourio, presentou a campaña Difundetic Pemes, que se desenvolverá en 20 polígonos industriais de Galicia, entre eles os de Foz, Begonte, Meira, Chantada e Sarria.

A actividade, que chegará a máis de 100 empresarios lucenses, baséase nun servizo móbil de demostración tecnolóxica, no que un técnico consultor impartirá coñecementos básicos sobre o DNI electrónico, a factura electrónica e a firma dixital, para qué serven na súa xestión empresarial e, en consecuencia, coma poden rendibilizar un proceso de cambio nas súas tarefas diarias.

É un servizo móbil de cercanía, baixo o concepto de “cara a cara”, evitando desprazamentos dos participantes. Está habilitado para traballar con grupos reducidos (ata 8 persoas), e equipado con ordenadores.

A delegada territorial sinalou a importancia de “estimular unha cultura da innovación e facer ver ás Pemes que as novas tecnoloxías da información e da comunicación, o software e as aplicacións de xestión, responden xa a un concepto de servizo esencial e resultan imprescindibles para ser competitivos”.

Arias afirmou que esta campaña redundará “na mellora dos niveis de penetración dos modernos modelos de xestión nas pequenas e medianas empresas”, que tradicionalmente teñen máis complicado o acceso ás novas vías de comunicación ao contar con poucos medios “ou estar alonxadas dos lugares onde se imparten con maior facilidade programas formativos”.

Este programa enmárcase dentro das liñas de actuación da Secretaría Xeral de Modernización para impulsar a difusión da sociedade da información. Neste sentido, Arias lembrou que este organismo financia con preto de 1 millón de euros (970.727 euros) varios proxectos orientados a fomentar o emprego das TIC.

Sen dúbida o proxecto máis ambicioso é o Plan de Banda Larga de Galicia, para o que se destinan só en Lugo arredor de 13 millóns de euros nos orzamentos do 2011, e que comezou a despregarse precisamente pola Ribeira Sacra.

A día de hoxe, segundo lembrou a delegada, Retegal xa ten realizado as labores de construción e adecuación das 17 torres que porá a disposición do operador beneficiario e está realizando o despregamento da rede de fibra óptica na provincia de Lugo.

Estímase que a finais de novembro se inicie a comercialización en 9 concellos do sur de Lugo, o que suporá que xa máis 21.000 habitantes poidan acceder a finais de novembro a un servizo de banda larga de calidade. E antes da fin de 2010, posibilitarase o acceso á banda larga a través de redes sen fíos a máis de 34.000 habitantes de 1.800 núcleos de poboación do sur de Lugo.

Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, 2010-11-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES