Notas de prensa

A Xunta di que non hai motivo para que o hospital Povisa presente un ERE

A delegada territorial da Xunta en Vigo comunícalle ao comité de empresa de Povisa que non existe motivo para que o hospital presente un ERE xa que o concerto admite unha prórroga mentras duren as negociacións para asinar o novo convenio.

No transcurso da reunión que mantivo a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, con membros do comité de empresa do hospital Povisa, a responsable do Goberno galego comunicoulles aos traballadores que non existe motivo algún vinculado ao actual concerto co Sergas para que o hospital presente un ERE.

Molares, que estivo reunida cos representantes dos traballadores durante dúas horas, explicoulles o proceso que dende a Xunta de Galicia se ten levado a cabo dende que se iniciaron as conversas co hospital e manifestoulles a firme vontade do Goberno galego de chegar a un acordo coa dirección de Povisa para firmar un novo convenio.

A delegada trasladoulles ademais unha mensaxe de tranquilidade explicándolle que existe a posibilidade xurídica de realizar unha prórroga mentrasduren as negociacións, polo que, coma sinalou Molares en declaracións aos medios tras o remate da reunión, non existe motivo algún relacionado co concerto co Sergas para a presentación dun ERE por parte da empresa. “Se hai vontade por ambas partes, se pode chegar a un acordo e non ten procedencia prantexar agora un ERE, sobre todo cando, tendo en conta de que a vixencia do concerto actual é ata o 30 de decembro, hai a posibilidade de prorrogar dito convenio mentras se manteñen as negociacións. Mentras se manteña esa vontade de negociación non é necesario que se presente ese ERE”, considerou.

Ademais, a representante da Administración autonómica na cidade, explicoulles que durante as nove reunións que xa tiveron lugar entre ambas partes, a dirección do hospital nunca avanzou ao Goberno galego a súa intención de presentar un ERE.

Neste senso, Lucía Molares reiteroulle ao comité de empresa que a Xunta quere seguir contando con Povisa e firmar o novo convenio, incluso tendo en conta a construción do novo hospital, sinalando que “por parte do Sergas podemos dicir claramente que queremos manter o concerto”, aínda que, coma matizou, “negociándoo no contexto económico actual”. E seguiu: “Existe toda a dispoñibilidade para chegar a un acordo”, dixo. Por último, Molares reiterou que a presentación do ERE “xeraría incertidume” e que “non se pode vincular ao concerto co Sergas”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-11-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES