Notas de prensa

A mellor gastronomía de Galicia promociónase en Madrid en novembro

A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, presenta o evento Saborea Galicia. A través desta campaña, as persoas que se acheguen ao mercado de San Miguel, en Madrid, entre o 12 e o 21 de novembro poderán mercar os produtos gastronómicos máis senlleiros de Galicia.

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da sociedade Turgalicia dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, presentará en Madrid entre os días 12 e 21 de novembro a promoción Saborea Galicia, unha iniciativa coa que os mellores produtos da gastronomía estarán presentes para o público madrileño no histórico mercado de San Miguel.

Este acontecemento, organizado en colaboración coas Consellerías de Medio Rural e de Mar, servirá de escaparate para os produtos gastronómicos galegos máis senlleiros de Galicia e posibilitará a súa comercialización entre o público madrileño ao tempo que se difunden os valores turísticos da comunidade galega.

No mercado de San Miguel, Turgalicia instalará 12 postos de venda de produtos e cada un deles estará atendido por dúas persoas coñecedoras das características destes.Dentro destes postos, que se disporán a xeito de carriños decorados coa imaxe característica desta promoción, exhibiranse produtos galegos das distintas denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, relacionadas cos sectores dos queixos, a carne, os produtos da horta, a panadería, a pastelaría, os produtos do mar, o mel e a castaña. Ademais, promocionaranse os viños das cinco denominacións de orixe, así como os viños da terra e as bebidas espiritosas.

Nesta promoción da Xunta da Galicia, difundiranse tamén os valores dos produtos con certificación ecolóxica, e os visitantes, ademais de poder informarse e mercar produtos gastronómicos de Galicia de calidade, poderán obter información turística sobre as posibilidades que ofrece o territorio galego no eido gastronómico e turístico, grazas a un punto informativo que se instalará no propio mercado de San Miguel.

Xornadas específicas

Na promoción Saborea Galicia, está previsto que se desenvolvan xornadas específicas para mercar e degustar os distintos produtos da gastronomía galega. Así, os días 12 e 13, estarán dedicados aos cogomelos, as castañas e ás fabas, que serán protagonistas da cociña do mercado.

Os días 14 e 15 de novembro estarán dedicados ao peixe e ás conservas, mentres que os mariscos serán os protagonistas das xornadas do 16 e o 17 de novembro. Os días 18 e 19 haberá promocións especiais das carnes galegas e dos queixos, os días 20 e 21 de novembro. Ademais, realizaranse dúas catas maridadas diarias con viños, unha ás 13:00 horas e outra ás 21:00 horas.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-11-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES