O IV Ciclo Universitario para maiores de 50 anos mantén aberto ata o 30 de outubro o seu prazo de matrÃcula
O prazo de matrÃcula do IV Ciclo Universitario, programa formativo dirixido a persoas maiores de 50 anos con independencia do seu nivel formativo, permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de outubro.
Estes estudos, que existen na Universidade de Santiago dende o curso 1997-1998, teñen por obxecto promover a incorporación de persoas maiores de 50 anos aos estudos universitarios, favorecendo a súa integración e participación en procesos formativos que resposten ás necesidades e expectativas deste colectivo social. O IV Ciclo, que se imparte nos Campus de Santiago e Lugo, establece un plan docente estruturado en cinco cursos, tres de carácter xeral e os dous últimos de especialización, co respaldo dun gran número de profesores da Universidade compostelá. Dependente da VicerrectorÃa de Terceiro Ciclo e Extensión Docente, as clases do IV Ciclo desenvólvense en horarip de tarde de luns a xoves en distintos centros dos dous campus da USC. Con estes estudos a USC pretende vencellar e amplificar a súa oferta formativa con criterio de interdisciplinariedade e en consonancia cos principios que inspira a educación continuada, como experiencia global que se desenvolve ao longo de toda a vida de cada individuo, subliñando o protagonismo das persoas maiores.
As persoas interesadas en acadar información sobre este ciclo formativo poden dirixirse á SecretarÃa do Cuarto Ciclo emprazad na Escola Universitaria de EnfermerÃa, no COIE ou na VicerreitorÃa de Coordinación do Campus de Lugo. Tamén poden chamar ao teléfono 981563100 ext. 12067 ou ao 982280405 ext. 21513.
Gabinete de Comunicación Universidad de Santiago de Compostela, 2004-10-07
Actualidad

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentou hoxe a programación da súa 42ª edición, que se celebrará entre os dÃas 22 de xuño e 6 de xullo no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, asà como nas rúas e noutros espazos da vila do Morrazo, que acollerán 26 espectáculos e un nutrido programa de actividades lúdicas e sectoriais. O certame, organizado desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, é un dos poucos festivais de teatro europeos cuxo principal selo de identidade é a comedia, unha marca consolidada e referente da produción escénica deste xénero en calquera das súas vertentes: negra, branca, xestual, contemporánea, circense, dramática, musical e, dende hai máis dunha década, tamén na danza.

A praza Conde de Fontao de Foz será o enclave elixido para a actuación extraordinaria do festival o 31 de xullo con La Carroza Del Real, mentres que o destacado pianista Denis Kozhukhin abrirá oficialmente o ciclo de concertos o 12 de agosto na Fortaleza de Alfoz. O 13 de agosto a Real FilharmonÃa de Galicia e o Coro da Comunidade de Madrid realizarán o primeiro concerto sinfónico-coral no que interpretarán o Réquiem de Mozart na Catedral de Mondoñedo. A clausura do XII Festival Bal y Gay será co barÃtono galego Borja Quiza, o 21 de agosto, no Teatro Pastor DÃaz de Viveiro, cita na que tamén participarán o pianista Javier Carmena e a mezzosoprano Andrea Rey, nunha proposta que mesturará as raÃces galegas e españolas.
Notas
Afondar no papel que a evidencia cientÃfica pode e debe xogar nas decisións polÃticas e na implantacións de polÃticas públicas foi o obxectivo central da conferencia impartida pola presidenta do Consejo Superior de Investigaciones CientÃficas, EloÃsa del Pino, na UVigo. Sustentar as actuacións públicas na ciencia, defendeu Del Pino, posibilita en primeiro termo 'ser eficiente cos recursos, porque sabes que é máis probable que unha polÃtica funcione, aÃnda que non é unha garantÃa de éxito'.
A Sociedade Europea de Biomateriais recoñeceu cun dos seus premios europeos de doutoramento Julia Polak 2025 a Ana Iglesias Mejuto e Miguel Pereira Silva, que realizaron a súa tese de doutoramento en iMATUS da USC. O galardón distingue persoal investigador novo que completou un doutoramento de excelencia no ámbito dos biomateriais e a enxeñerÃa de tecidos, valorando tanto a calidade da súa investigación como a súa formación internacional.