PolÃtica Agroalimentaria esquécese de abrir o prazo para solicitar cota do Fondo Estatal
A ConsellerÃa despistouse e non publicou aÃnda a orde cando o lÃmite para facer solicitudes chega ata o 15 de outubro.
A ConsellerÃa de PolÃtica Agroalimentaria aÃnda non publicou a orde para que os gandeiros e gandeiras de Galiza poidan solicitar cota láctea do Fondo Estatal. En realidade, a cota ofertada polo Ministerio de Agricultura na Orde APA 2727 / 2004 de 26 de xullo é de miseria: 7.938 toneladas a 39 céntimos por litro. Nembargantes, esa non é xustificación suficiente como para que PolÃtica Agroalimentaria se despiste. Teñamos en conta que o Real Decreto 347 / 2003 do 21 de marzo, polo que se regula o sistema de xestión da cota láctea, di no seu artigo 30 que a convocatoria e tramitación para a venda de cota do Fondo Estatal lle corresponde aos órganos competentes das comunidades autónomas. En Galiza, polo de agora, PolÃtica Agroalimentaria non fixo nada ao respecto. Ignoramos as razóns deste clamoroso despiste da ConsellerÃa, e non sabemos se terá que ver coa crise interna do PP ou co troco recente de Conselleiro, pero agardamos que publique canto antes esa orde no Diario Oficial de Galicia, pois se o prazo remata o 15 de outubro, e temos a ponte do Pilar polo medio, é de prever que cando moitos gandeiros e gandeiras se decaten de que poden mercar algo de cota, xa lles terá pasado o prazo para solicitala.
Sindicato Labrego Galego (SLG), 2004-10-05
Actualidad

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentou hoxe a programación da súa 42ª edición, que se celebrará entre os dÃas 22 de xuño e 6 de xullo no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, asà como nas rúas e noutros espazos da vila do Morrazo, que acollerán 26 espectáculos e un nutrido programa de actividades lúdicas e sectoriais. O certame, organizado desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, é un dos poucos festivais de teatro europeos cuxo principal selo de identidade é a comedia, unha marca consolidada e referente da produción escénica deste xénero en calquera das súas vertentes: negra, branca, xestual, contemporánea, circense, dramática, musical e, dende hai máis dunha década, tamén na danza.

A praza Conde de Fontao de Foz será o enclave elixido para a actuación extraordinaria do festival o 31 de xullo con La Carroza Del Real, mentres que o destacado pianista Denis Kozhukhin abrirá oficialmente o ciclo de concertos o 12 de agosto na Fortaleza de Alfoz. O 13 de agosto a Real FilharmonÃa de Galicia e o Coro da Comunidade de Madrid realizarán o primeiro concerto sinfónico-coral no que interpretarán o Réquiem de Mozart na Catedral de Mondoñedo. A clausura do XII Festival Bal y Gay será co barÃtono galego Borja Quiza, o 21 de agosto, no Teatro Pastor DÃaz de Viveiro, cita na que tamén participarán o pianista Javier Carmena e a mezzosoprano Andrea Rey, nunha proposta que mesturará as raÃces galegas e españolas.
Notas
Afondar no papel que a evidencia cientÃfica pode e debe xogar nas decisións polÃticas e na implantacións de polÃticas públicas foi o obxectivo central da conferencia impartida pola presidenta do Consejo Superior de Investigaciones CientÃficas, EloÃsa del Pino, na UVigo. Sustentar as actuacións públicas na ciencia, defendeu Del Pino, posibilita en primeiro termo 'ser eficiente cos recursos, porque sabes que é máis probable que unha polÃtica funcione, aÃnda que non é unha garantÃa de éxito'.
A Sociedade Europea de Biomateriais recoñeceu cun dos seus premios europeos de doutoramento Julia Polak 2025 a Ana Iglesias Mejuto e Miguel Pereira Silva, que realizaron a súa tese de doutoramento en iMATUS da USC. O galardón distingue persoal investigador novo que completou un doutoramento de excelencia no ámbito dos biomateriais e a enxeñerÃa de tecidos, valorando tanto a calidade da súa investigación como a súa formación internacional.