
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou en Lugo que a Xunta multiplicará por dous as partidas específicas adicadas a impulsar investimentos na provincia de Lugo a través do Plan Impulsa Lugo; un plan que, segundo aseverou, leva xa xerado un investimento de 103 millóns de euros, que contribúen a crear e manter preto de 400 empregos.
Deste xeito, o responsable do Executivo autonómico, explicou que dos 12 millóns de euros no presuposto de 1010 pasarase a 26,7 millóns de euros no presuposto de 2011. O Plan Impulsa Lugo dixo- está funcionando, e vamos a potencialo e a multiplicar por dous os presupostos concretos no ano 2011 fronte ao ano 2010; é dicir, 26,7 millóns de euros fronte ao presuposto do ano 2010 de 12 millóns de euros, o que significa que podemos seguir xerando investimentos que buscan o mantemento e a creación de emprego.
Así mesmo, o presidente da Xunta, que presidiu, na Delegación da Xunta en Lugo, a comisión de seguimento do Plan, reiterou que, antes de que finalice o ano, presentarase o Plan Estratéxico da provincia, un plan estratéxico de desenvolvemento económico e social para a provincia que era recordou- un dos compromisos do Plan Impulsa.
Feijóo, lembrou que o obxectivo do Plan Impulsa Lugo non é outro que facer unha discriminación positiva para captar investimentos na provincia; de xeito que, todos aqueles emprendedores que queiran investir na provincia de Lugo, teñen unha subvención máxima que pode chegar ata o 50% do investimento.
Por último, afirmou que nos últimos meses e a medida que se coñece este plan se están presentando máis axudas, máis proxectos e se está xerando máis investimento; o cal significa concluíu- que o Plan Impulsa Lugo funciona, o que nos anima a seguir.
a comisión de seguimento do Plan Impulsa Ourense
O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou en Ourense que a Xunta multiplicará por tres as partidas orzamentarias previstas para incentivar a través do Plan Impulsa aos emprendedores a que inicien proxectos, a que creen emprego e a que monten empresas na provincia. O Plan Impulsa Ourense dixo-, está empezando a dar froitos e, hoxe, podemos acreditar que hai un investimento de 47 millóns de euros, que supón unha creación de 260 postos de traballo; o que significa, que non só vamos a manter o Plan Impulsa nos presupostos do ano 2011 senón que vamos a multiplicar por tres as súas partidas orzamentarias.
Deste xeito, o titular da Xunta explicou que dos 9 millóns de euros nos presupostos do ano 2010 pasaremos aos 24 millóns de euros que serán aprobados mañá, no Consello da Xunta, cando demos o visto e prace aos presupostos do ano 2011, multiplicando por tres as contías para subvencionar a fondo perdido ou parcialmente a todos os emprendedores que queiran instalar unha empresa ou que queiran ampliar a súa empresa en toda a provincia de Ourense.
Feijóo, que presidiu, na Delegación da Xunta en Ourense, a comisión de seguimento do Plan, matizou que este presuposto será un presuposto de mínimos dE tal xeito que, se hai máis solicitudes e eses 24 millóns de euros non foran suficientes, -aseverou- ampliaremos ese crédito. Segundo explicou, o compromiso durante toda a lexislatura é que Ourense e Lugo, Lugo e Ourense sexan os lugares onde haxa a maior discriminación positiva, onde haxa as maiores subvencións; ata o 50% da subvención a fondo perdido para todos aqueles que queiran investir nestas provincias.
Por último, o presidente da Xunta referiuse aos datos de subvencións a fondo perdido como proba de que realmente hai unha discriminación positiva a favor da provincia. E neste sentido, lembrou que mentres a media de subvencións a fondo perdido en toda Galicia está no 14%; en Ourense, nestes primeiros meses, estamos xa por riba do 24%, é dicir, un 63% máis de subvencións a fondo perdido na provincia que na media de Galicia.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.