Notas de prensa

XII Baixada de Carros de Bolas de Xinzo

A Baixada de Xinzo é a de máis tradición na comarca do Condado.

O 12 outubro a parroquia ponteareá de Xinzo énchese de carros de bolas de afeccionados a este deporte nunha das baixadas máis espectaculares do sur de Pontevedra. O programa oficial da proba comeza o domingo 10 de outubro cos entrenamentos oficiais, que se farán de 16.00 a 20 horas na primeira e máis difícil parte do percorrido. O martes 12 de outubro da 16.00 a 16.45 horas será o horario que teñan os participantes para inscribirse. O posto de inscrición estará situado na saída, no Campo de Fútbol Eido dÂ’Albo. Ãs 17.00 horas está previsto a saída do primeiro carro participante. Primeiro sairán os carros da categoría especial prototipo: carros que non cumpren normas coma a de ter o armazón principal de madeira ou a de levar rodas de rodamentos. Estes carros prototipo poderán baixar pero non optarán aos premios en metálico, pero si a trofeos. En segundo lugar baixarán os carros de bolas da categoría individual. En terceiro e último lugar baixarán os carros da categoría múltiple. O Percorrido ten 1400 m. e ten unha porcentaxe de desnivel media do 8%, tendo algúns tramos pendentes do 17 %. A saída atópase no Campo de Fútbol Eido d´Albo, e a meta está situada na fachada do Centro Cultural Xinzo. Nun primeiro momento a organización prevé facer unha única manga, aínda que se podería facer unha segunda se o número de carros o permite e se cumpren os horarios establecidos. Esta proba está organizada polo Centro Cultural Xinzo e conta coa colaboración da Asociación Xuvenil Xe e a Comunidade de Montes de Xinzo.

Roberto Leandrez Represas, coordenador do Centro Cultural Xinzo, 2004-10-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (mitec-42-2025.jpg) A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentou hoxe a programación da súa 42ª edición, que se celebrará entre os días 22 de xuño e 6 de xullo no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, así como nas rúas e noutros espazos da vila do Morrazo, que acollerán 26 espectáculos e un nutrido programa de actividades lúdicas e sectoriais. O certame, organizado desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, é un dos poucos festivais de teatro europeos cuxo principal selo de identidade é a comedia, unha marca consolidada e referente da produción escénica deste xénero en calquera das súas vertentes: negra, branca, xestual, contemporánea, circense, dramática, musical e, dende hai máis dunha década, tamén na danza.
Foto de la tercera plana (musica-clasica.jpg) A praza Conde de Fontao de Foz será o enclave elixido para a actuación extraordinaria do festival o 31 de xullo con La Carroza Del Real, mentres que o destacado pianista Denis Kozhukhin abrirá oficialmente o ciclo de concertos o 12 de agosto na Fortaleza de Alfoz. O 13 de agosto a Real Filharmonía de Galicia e o Coro da Comunidade de Madrid realizarán o primeiro concerto sinfónico-coral no que interpretarán o Réquiem de Mozart na Catedral de Mondoñedo. A clausura do XII Festival Bal y Gay será co barítono galego Borja Quiza, o 21 de agosto, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, cita na que tamén participarán o pianista Javier Carmena e a mezzosoprano Andrea Rey, nunha proposta que mesturará as raíces galegas e españolas.

Notas

Afondar no papel que a evidencia científica pode e debe xogar nas decisións políticas e na implantacións de políticas públicas foi o obxectivo central da conferencia impartida pola presidenta do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Eloísa del Pino, na UVigo. Sustentar as actuacións públicas na ciencia, defendeu Del Pino, posibilita en primeiro termo 'ser eficiente cos recursos, porque sabes que é máis probable que unha política funcione, aínda que non é unha garantía de éxito'.
A Sociedade Europea de Biomateriais recoñeceu cun dos seus premios europeos de doutoramento Julia Polak 2025 a Ana Iglesias Mejuto e Miguel Pereira Silva, que realizaron a súa tese de doutoramento en iMATUS da USC. O galardón distingue persoal investigador novo que completou un doutoramento de excelencia no ámbito dos biomateriais e a enxeñería de tecidos, valorando tanto a calidade da súa investigación como a súa formación internacional.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES