Notas de prensa

A psoriase, a fibromialxia ou o tabaquismo, entre as patoloxías que poden mellorar con auga mineiro-mediciñal

A Xornada de Hidroloxía Médica acolle a presentación de investigacións pioneiras sobre as vantaxes da hidroterapia na prevención e rehabilitación de certas enfermidades.

A defensa do uso sanitario, fronte ó ludico, das augas miñeiro-mediciñais dos centros termais centrou primeira xornada do V Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo que comezou hoxe en Expourense, adicada á Hidroloxía Médica e que contou coa presenza dos principais representantes desta disciplina a nivel mundial procedentes de países como Islandia, Eslovaquia, Francia, Italia ou México, ademais de España e Portugal. Este Encontro é unha actividade paralela a Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, que abre mañá venres as portas da súa décima edición.

Organizada por Expourense en colaboración coa Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, a xornada científica de Hidroloxía Médica foi inaugurada esta mañá polo delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, quen acudiu en representación da Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación da Consellería deSanidade, patrocinadora desta xornada e cuxo obxectivo é, segundo indicou o delegado “poñer en valor o uso terapéutico das augas mineiro-mediciñais”. Estivo acompañado polo presidente do Comité Executivo de Expourense, Celso Barbosa, e polos representantes da Real Academia de Medicina de Galicia, o Dr. Jorge Teijeiro, e o coordinador desta xornada e académico co Sillón de Hidroloxía Médica, Dr. Luís Rodríguez Míguez.

Todos eles coincidiron na necesidade de defender a auga mineromedicinal como un elemento terapéutico de primeira orde e por iso un balneario debe de considerarse como un centro sanitario. Os relatores desta xornada incidiron na prescrición da hidroterapia como alternativa terapéutica para o tratamento de certas enfermidades, xa que leva consigo a redución de fármacos, aumenta a calidade de vida e resulta máis económico para a Seguridade Social. De feito, o Subdirector Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento da Consellería de Sanidade, Francisco José López Ríos, falou do Proxecto de Estudo, Avaliación e Proposta dunha carteira complementaria de técnicas e tratamentos de hidroloxía médica que teña como obxectivos mellorar a calidade de vida do paciente e obter resultados semellantes, con menor custo, que os obtidos coas actuais terapias farmacolóxicas.

Experiencias pioneiras

Entre os relatores da xornada de hoxe destacou a vicepresidenta da Asociación Europea de Balnearios (ESPA), Dra. Zanka Zalesakova, quen incidiu no papel que xogan os centros termais na prevención das enfermidades crónicas. Explicou que a medicina nos balnearios europeos está dirixida na actualidade á prevención secundaria e terciaria co tratamento de enfermidades crónicas xa desenvolvidas, coa rehabilitación tras una operación ou para que a xente de idade avanzada poida mellorar a súa calidade de vida.

Outro dos relatores desta xornada, o representante da Fundación Italiana para a Investigación Termal, Marco Vitale, fixo fincapé na diferencia de concepto sobre os centros termais entre Europa, onde teñen un papel prominete na terapia de pacientes non agudos e na rehabilitación, e América, onde están maís orientador ó lecer.

Entre os relatores de hoxe destacaron ademais o presidente da Asociación Latinoamericana de Spa, Ramón de la Rosa, quen falou do efecto das proteínas de choque térmico no procerso de lonxevidade ou do director das Termas de Luchon (Francia), un dos primeiros centros mundiais que empregan as augas minerais para paliar a fibromialxia ou o tabaquismo.

A sesión de tarde comezou coa ponencia da directora de I+D da Clínica Bluelagoon de Isladia, Asa Brynjólfsdóttir, quen falou dos tratamentos aplicados neste centro famoso internacionalmente polos efectos beneficiosos das súas augas xeotermais para curar a psoriase. O presidente da Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica, Pedro Cantista, falou sobre os camiños para desenvolver a talasoterapia. Dentro desta xornada fíxose unha demostración práctica de fisioterapia acuática onde los miembros del Colegio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia mostraron o tipo de traballos que realizan nos centros termais.
A sesión de hoxe rematará cunha mesa redonda sobre os perímetros de protección e os acuíferos de auga mineiro-mediciñal na que participaron distintos expertos en xeoloxía.

Xornadas informativas sobre termalismo

As instalacións de Exporuense acolleron tamén a primeira sesión das xornadas formativas-informativas sobre termalismo e as propiedades terapéuticas da auga organizadas entre a AEITermal de Galicia e Termatalia e nas que participan profesionais do sector do turismo de saúde.

O V Encontro Internacional continúa coa celebración da xornada sobre Turismo, Innovación e Sustentabilidade. Mañá terá lugar tamén a inauguración da décima edición de Termatalia. O acto oficial de inauguración terá lugar ás 11.00 horas e estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Níñez Feijóo.

Silvia Pardo (coordinadora de Comunicación de Expourense), 2010-10-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES