Notas de prensa

A AETG presentou en A Coruña o programa para a formación para profesionais da sociedade da información

En representación do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o Sr. D. Rafael Sagrario Durán, Director Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información presidiu a presentación.

NotaNa Fundación Luis Seoane tivo lugar o acto da presentación do programa Forintel. O Director Xeral para o desenvolvemento da Sociedade da Información estivo acompañado, neste acto, por o Sr. D. José María Barja, Reitor da Universidade de A Coruña, o Sr. D. Angel Viña, Presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), e o Sr. D. Fidel Cacheda, Presidente da Internet Society Galicia (ISOC). Este programa de formación continua persegue un dobre obxectivo: Satisfacer a demanda de Formación dos profesionais das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) e contribuír á cualificación dos profesionais creando un foco de elite que poda fomentar na nosa Comunidade Autónoma o desenvolvemento das tecnoloxías e formas de negocio baseadas nelas. A data de hoxe, este programa de formación imparte clases ós profesionais das mais importantes empresas tecnolóxicas galegas como son, entre outras, Intel Telecom, R, Televés, Denodo Technologies, Arteixo Telecom e Megasoftware e Comunicacións. Un dos elementos máis importantes para potenciar o desenvolvemento das Tecnoloxías, é contar con profesionais altamente cualificados que podan aportar ós seus coñecementos nas empresas tecnolóxicas nas que desenrolan o seu traballo. Este programa de formación facilita este cometido, comenta Ãngel Viña, Presidente da AETG. O Programa Forintel articúlase en tres áreas: Redes de Comunicación, Servicios Telemáticos e Internet e, un área híbrida na que se mesturan temas do eido das Telecomunicacións e a Informática. Organizado e posto en marcha desde a AETG en colaboración coa Fundación da Universidade da Coruña (FUAC) e coa Internet Society Galicia, o Programa Forintel está ademais avalado e cofinanciado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Por outra parte, a AETG promove o Encontro do Sector das Telecomunicacións ó que asisten o Director Xeral para o Desenvolvemento da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o Director Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial da Consellería de Industria, o Director Xeral de Comunicación e Audiovisual da Consellería de cultura e altos directivos das máis destacadas empresas do sector das Telecomunicacións. Un diálogo aberto sobre o estado do sector das telecomunicacións en Galicia, os planes da administración central e autonómica e as opinións das empresas galegas tecnolóxicas máis importantes da nosa Comunidade centran este encontro profesional. Asemade, trataranse temas relacionados coas competencias do Sr. D. Rafael Sagrario Durán respecto ó impulso e desenvolvemento da Sociedade da información en todos os sectores, con maior incidencia, en como afectan estes plans no desenvolvemento nesta materia de Galicia. En Galicia os profesionais das Telecomunicación supoñen case un 10% do total dos profesionais deste sector en España. Asemade, na nosa comunidade, contamos con empresas moi importantes e con peso dentro do sector. Así, este tipo de encontros, organizados regularmente dende a Asociación de Enxeñeiros de Galicia, responden ó obxectivo de crear vínculos e detectar ás necesidades tanto das empresas tecnolóxicas como dos propios profesionais, coa finalidade de impulsar o sector das TIC na nosa Comunidade. En Santiago de Compostela, este encontro que reúne a profesionais das Telecomunicacións, a directivos das empresas máis relevantes do sector en Galicia e a representantes do Goberno Central e Autonómico, é outras das iniciativas da AETG coa que se pon de manifesto a preocupación do sector porque Galicia non se quede atrás no desenvolvemento da Sociedade da Información.

Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, 2004-10-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (mitec-42-2025.jpg) A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentou hoxe a programación da súa 42ª edición, que se celebrará entre os días 22 de xuño e 6 de xullo no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, así como nas rúas e noutros espazos da vila do Morrazo, que acollerán 26 espectáculos e un nutrido programa de actividades lúdicas e sectoriais. O certame, organizado desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, é un dos poucos festivais de teatro europeos cuxo principal selo de identidade é a comedia, unha marca consolidada e referente da produción escénica deste xénero en calquera das súas vertentes: negra, branca, xestual, contemporánea, circense, dramática, musical e, dende hai máis dunha década, tamén na danza.
Foto de la tercera plana (musica-clasica.jpg) A praza Conde de Fontao de Foz será o enclave elixido para a actuación extraordinaria do festival o 31 de xullo con La Carroza Del Real, mentres que o destacado pianista Denis Kozhukhin abrirá oficialmente o ciclo de concertos o 12 de agosto na Fortaleza de Alfoz. O 13 de agosto a Real Filharmonía de Galicia e o Coro da Comunidade de Madrid realizarán o primeiro concerto sinfónico-coral no que interpretarán o Réquiem de Mozart na Catedral de Mondoñedo. A clausura do XII Festival Bal y Gay será co barítono galego Borja Quiza, o 21 de agosto, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, cita na que tamén participarán o pianista Javier Carmena e a mezzosoprano Andrea Rey, nunha proposta que mesturará as raíces galegas e españolas.

Notas

Afondar no papel que a evidencia científica pode e debe xogar nas decisións políticas e na implantacións de políticas públicas foi o obxectivo central da conferencia impartida pola presidenta do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Eloísa del Pino, na UVigo. Sustentar as actuacións públicas na ciencia, defendeu Del Pino, posibilita en primeiro termo 'ser eficiente cos recursos, porque sabes que é máis probable que unha política funcione, aínda que non é unha garantía de éxito'.
A Sociedade Europea de Biomateriais recoñeceu cun dos seus premios europeos de doutoramento Julia Polak 2025 a Ana Iglesias Mejuto e Miguel Pereira Silva, que realizaron a súa tese de doutoramento en iMATUS da USC. O galardón distingue persoal investigador novo que completou un doutoramento de excelencia no ámbito dos biomateriais e a enxeñería de tecidos, valorando tanto a calidade da súa investigación como a súa formación internacional.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES