Notas de prensa

O 11º Salón Celebra, os días 6 e 7 de novembro en Expourense

O Salón de Vodas, Comuñóns, Bautizos e Actos Sociais celebra a súa 11ª edición en Expourense a fin de semana do 6 e 7 de novembro. Os axentes do comercio ven en Celebra unha oportunidade para dinamizar o sector.

Celebra, Salón de Vodas, Comuñóns e Bautizos e Actos Sociais, chega a súa 11ª edición conseguindo a involucración e a participación activa, a través do seu comité organizador, dos representantes das principais entidades que engloban aos comerciantes como é o caso da Comisión de Comercio Interior da Cámara de Comercio de Ourense, representada polo seu presidente, Luis Rivera; pola Federación de Comercio de Ourense, encabezada polo seu presidente Aurelio Gómez Villar; e da Federación Provincial de Empresarios de Hostalería, do Centro Comercial Aberto de Ourense e o do Barco de Valdeorras, ademais doutras empresas provedoras de produtos e servizos que xa levan moitas edicións apostando por esta cita.

O comité organizador de Celebra, que terá lugar en Expourense na fin de semana do 6 e 7 de novembro, reuniuse co obxectivo de planificar a vindeira edición do salón. Todas estas entidades, conscientes da difícil situación actual pola que atravesa o sector, ven en Celebra unha oportunidade para reactivar o comercio minorista nunha cita á que acode público obxectivo na busca dos produtos e servizos que estás ofrecen para organizar calquera tipo de eventos, tanto familiares como empresariais, cos que dar resposta á complexa planificación de actos sociais como vodas, comuñóns, bautizos, etc. O obxectivo é que o 100% das empresas expositoras sexan procedentes de Galicia.

Unha decena de sectores estarán presentes en Celebra, salón no que se atopará unha nutrida oferta en restauración e o catering, en moda para cerimonias, en fotografía e vídeo, viaxes ou animación e espectáculos. Tamén terán o seu espazo as empresas de aluguer de vehículos, imprenta, florerías, perruquería ou medios de comunicación. Haberá ademais empresas especializadas na organización integral de eventos, co que o visitante non só poderá coñecer as últimas novidades en servizos e produtos, senón que poderá recibir asesoramento e novas ideas para o seu evento.

Programa de actividades

Para complementar a oferta en feira, organizáronse unha serie de actividades orientadas a facilitar aos visitantes a elección do estilo e vestimenta axeitada para ocasións especiais polo que non faltará a tradicional pasarela Celebra, actuacións, sorteos, entre outras sorpresas.

Convenio coa Cámara de Comercio

Esta cita servirá ademais para darlle continuidade ó convenio de colaboración que a Fundación mantén coa Cámara de Comercio de Ourense, e a través do cal haberá en Celebra espazo reservado para autónomos e microempresas. O obxectivo é favorecer a promoción e o desenvolvemento económico daquelas empresas da provincia que, polas súas características, non poden destinar recursos para a asistencia a feiras.

Celebra convértese así nunha cita onde a presenza de todo tipo de empresas permitelle ó visitante dispoñer dunha oferta integral que engloba todos os produtos e servizos que demandarán os seus eventos.

Gabinete de Comunicación de Expourense, 2010-09-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES