Notas de prensa

Presentadas as Escolas de Predeporte e Prebasket do CB Estudiantes-Fundación Balogal

A Área de Deportes da Deputación pon en marcha estas actividades baixo a organización do CB Estudiantes - Fundación Balogal, nas que ao longo do curso participarán preto de 200 nenos e nenas.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, presentou na sala de predeporte do Pazo dos Deportes de Lugo o inicio da tempada das escolas de predeporte e prebasket que pon en marcha a Área de Deportes da Deputación baixo a organización do CB Estudiantes - Fundación Balogal. Na rolda de prensa de presentación das actividades, acompañando a Antón Bao, estiveron Cristino Menor, vicepresidente deportivo do CB Breogán e director deportivo do Club Estudiantes - Fundación Balogal, e Alex Polo, coordinador das escolas provinciais de predeporte e prebasket.

Na súa intervención, Antón Bao destacou que “estas actividades permite atraer aos nenos e nenas de máis curta idade cara a práctica do deporte, ademais de socializar con outros da súa idade”. Para Antón Bao, desde a Área de Deportes da Deputación marcouse un traballo a seguir, compartido coa Fundación Balogal, “de continuar promovendo que teñan posibilidade de actividades distintas e facilitar a todos os nenos e nenas o acceso ao deporte e ao baloncesto como un elemento tamén fundamental de formación, saúde e alternativas”.

Pola súa banda, Cristino Menor, indicou que este ano seguramente se incrementará moito o número de nenos e nenas que participen nestas actividades xa que este verán, estas mesmas actividades que se desenvolveron nas chamadas Mañás provinciais – Móvete con nós, foron un completo éxito. De feito, Cristino Menor resaltou que incluso houbo xa demanda por parte de moitos dos pais e nais dos cativos que participaron nas actividades de verán, polo que de seguro que repetirán durante o curso.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, 2010-09-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES