Notas de prensa

TalentGalia pretende captar investigadores de primeiro nivel con máis de 12 millóns

O conselleiro de Economía e Industria avanzou que TalentGalia forma parte dunha estratexia de Goberno destinada á incorporación de investigadores de alto nivel de excelencia e reiterou o compromiso da Xunta co desenvolvemento eficiente da I+D+i en Galicia.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, anunciou o novo programa “TelentGalia”, adicado á captación de investigadores de primeiro nivel coa finalidade de fortalecer o sistema da I+D+i galega. Guerra avanzou as características deste novo programa para captar talento destinado aos centros tecnolóxicos e de investigación, cun orzamento superior aos 12 millóns de euros.

O conselleiro de Economía e Industria reiterou o compromiso do Goberno autonómico co desenvolvemento eficiente da I+D+i galega e lembrou que a Xunta no 2010 destinou 25 millóns de euros aos programas de recursos humanos dos que se beneficiaron 852 investigadores, e que foron reforzados na presente lexislatura nun 104% con respecto aos derradeiros anos de goberno do anterior Executivo, unha decisión económica que ten suposto un significativo esforzo orzamentario para o actual Goberno da Xunta de Galicia.

TalentGalia forma parte dunha estratexia de Goberno destinada á incorporación de investigadores de alto nivel de excelencia, no marco dun programa dirixido a incrementar o nivel da investigación e innovación en Galicia, con profesionais que liderarán proxectos innovadores e de futuro.

O conselleiro de Economía e Industria explicou que ao abeiro de TalentGalia desenvolverase un programa de contratos para a captación de investigadores senior por parte de 11 institucións de investigación do Sistema Galego de I+D+i.

O proxecto estará en vigor durante o período 2011-2014 e será financiado cun orzamento de 12,28 millóns de euros, “o que supón un verdadeiro esforzo orzamentario por parte da Consellería de Economía e Industria a favor da captación de talento para o desenvolvemento da innovación en Galicia” .

Segundo Guerra, o obxectivo do programa é a selección e captación de 64 investigadores senior, e o 70% dos seleccionados serán candidatos con alto grao de experiencia, máis de 10 anos, e o 30% dos investigadores contarán con máis de 5 anos de experiencia.

Ademais, os 64 contratos ofertados desenvolveranse en 11 institucións de investigación do Sistema Galego de I+D+i: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, Aimen (Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste), CTAG (Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia), Gradiant (Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia), Anfaco (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos), Cetpec (Centro Tecnolóxico da Pesca), EnergyLab, Cesga (Centro de Supercomputación de Galicia) e Inibic (Instituto de Investigación Biomédica da Coruña).

Estas institucións participarán no proceso de captación, selección e integración dos investigadores e a súa implicación no proxecto inclúe a adquisición de compromisos que pasan por acompañar, tutelar, integrar e avaliar aos investigadores; ofrecerlles a formación complementaria que precisen; aproveitar o programa para a inserción de dinámicas de innovación eficaces nas súas organizacións e reter ao maior número de investigadores posible.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, 2010-09-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES