
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou o apoio loxístico e promocional que o Goberno galego presta á pescada do bonito, que ten convertido Burela no segundo porto de España en número de capturas. O mandatario galego visitou esta mañá a lonxa de armadores de Burela, onde percorreu as áreas de venda de bonito e do Gran Sol, o almacén de expedición de peixe e embarcou nun barco de pesca.
O presidente da Xunta precisou que dous barcos que están permanente traballando na zona onde se pesca esta especie serven de apoio loxístico ás tripulacións que participan na pescada do bonito; un deles, facendo de apoio loxístico, de medicina e telemedicina e, por suposto, servindo como punto de evacuación mediante os helicópteros, dixo.
No que se refire ao apoio promocional, explicou que o bonito que se pesca en Galicia e que sae a través de Burela leva unha etiqueta verde que acredita a calidade do bonito do Norte, a legalidade da súa captura, o barco onde é collido e tamén a zona onde é pescado.
Sostibilidade ambiental, económica e social
O mandatario galego sinalou que a pescada do bonito é clave na Mariña lucense por unha serie de particularidades que están baseadas sempre nun principio básico que é a sostibilidade ambiental, económica e social. A sostibilidade ambiental, proseguiu, é unha garantía e un indicador específico da campaña do bonito porque o propio bonito establece a súa propia veda natural. Neste contexto, explicou que a propia arte de pesca do curricán obriga a que non se poida coller outra especie que non sexa o bonito.
Sobre a sostibilidade económica, expuxo que son moitas familias as que viven da pescada e que este peixe rexistra un alto volume de facturación. Feijóo resaltou que Burela é o segundo porto de España en importancia de capturas deste tipo de peixe posto que o 70 por cento de todo o bonito que entra en Galicia entra polo porto de Burela.
Así mesmo, destacou que estamos nunha temporada de bonito especialmente intensa tanto pola súa contía como pola súa facturación. Estamos rexistrando un 60 por cento máis de capturas que no ano 2009 e cun 45 por cento máis de vendas que o pasado ano. Polo tanto, estamos nun momento importante, subliñou.
No tocante á sostibilidade social, argumentou que se está a manter poboación dentro da costa que converte a Burela nun dos concellos onde a poboación non soamente se mantén, senón que se incrementa. Ademais, agregou, é unha poboación que integra culturas como consecuencia das tripulacións dos barcos que residen na zona.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.