
Os tres circuÃtos de distribución de espectáculos que a ConsellerÃa de Cultura e Turismo promove a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) acollerán entre os meses de setembro e decembro un total de 572 funcións de teatro, música, danza e maxia, das que 345 corresponden á Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), 85 á Rede Galega de Salas (RGS) e 142 á Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).
A Agadic reserva un orzamento total de 656.595 euros para este último cuadrimestre de programación, que cofinancia xunto cos concellos e entidades privadas que xestionan os 86 teatros, auditorios e salas de toda Galicia que conforman as tres redes. Desta contÃa global, 548.725 euros destÃnanse á RGTA, 44.075 euros á RGS e 63.795 euros á RGMV. Ao finalizar 2010, a entidade da ConsellerÃa de Cultura terá achegado preto de 1,5 millóns de euros para asumir diferentes porcentaxes dos cachés dos espectáculos presentados no total de 1.402 funcións ofrecidas durante todo o ano.
Formacións galegas
Este segundo ciclo de programación anual estará protagonizado por 153 formacións artÃsticas, a meirande parte delas galegas. Delas, un total de 68 ofrecen os seus últimos espectáculos no marco da Rede Galega de Teatro e Auditorios, que o vindeiro dÃa 9 inaugura a súa programación para este último cuadrimestre coa representación do espectáculo Wake Up, de Nut Teatro, no Auditorio Municipal do Carballiño. Esta carteleira estenderase ata o 30 de decembro por un total de 45 escenarios galegos, ofrecendo unha ampla variedade de propostas artÃsticas, con 190 funcións de teatro para público adulto, 128 de teatro e danza dirixidas especificamente a público infantil, 12 de maxia, 11 de danza para adultos e 4 de música de cámara.
O teatro é tamén o gran protagonista da programación na Rede Galega de Salas, neste caso cunha atención destacada ao público máis novo. AsÃ, das 85 funcións previstas nos seis espazos do circuÃto (Teatro del Andamio na Coruña, ARTeria Noroeste, Sala Nasa e Sala Santart en Santiago e Teatro Arte Livre e Teatro Ensalle en Vigo), 56 corresponden a teatro infantil, 24 a teatro para público adulto e 5 a danza.
No caso da Rede Galega de Música ao Vivo, circuÃto que por primeira vez dende a súa creación en 2007 mantivo a súa actividade durante os meses de verán, o calendario de concertos continuará a partir de setembro en 35 dos locais asociados a Clubtura (Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo). Senllas actuacións o vindeiro 3 de setembro das bandas DakidarrÃa na Sala 600 de Melide e Mitocondrias no Auriense Café Cultural de Ourense abrirán este segundo cuadrimestre de programación na RGMV, que se desenvolverá ata o 31 de decembro con concertos dun total de 64 grupos de moi diferentes estilos, que van dende o pop e o rock, ata o blues ou o hip-hop.
Axenda de espectáculos e concertos en: http://galiciamovese.xunta.es
O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxÃas de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.