Notas de prensa

5ª edición do PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS

Ven de quedar restablecido o Plan Renove de Electrodomésticos 2010, tras quedar solventadas as incidencias de tipo técnico xurdidas coa posta en marcha dunha nova aplicación informática.

Cómpre lembrar que isto levou ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega), adscrito á Consellería de Economía e Industria, a acordar a suspensión temporal da tramitación do Plan con ADEN (Asociación Nacional de Distribuidores de Electrodomésticos), en tanto non se subsanasen as devanditas deficiencias, co compromiso de volver a habilitalo, en poucos días, a través da aplicación informática coa que o Inega viña desenvolvendo o programa en convocatorias anteriores. Deste xeito cúmprese o compromiso anunciado a semana pasada polo conselleiro de Economía e Industria de que o Plan estaría dispoñible en poucos días.

Economía e Industria pide de novo desculpas a todos os usuarios que se viran afectados por estas incidencias, e agarda que o programa se poda desenvolver con éxito e cumpra o seu cometido último, que é o de que máis de 33.500 familias poidan aforrar, mediante a substitución dun electrodoméstico antigo por outro máis eficiente con etiquetado enerxético A ou superior, unha media anual de 40 euros na factura da luz. Ademais estímase que con esta actuación de aforro e eficiencia, maioritariamente no sector doméstico, se xerará neste exercicio un investimento asociado de ao redor 12,4 millóns de euros, un aforro de enerxía primaria de 16.000 MWh e unha redución na emisión á atmosfera de 2.500 toneladas de CO2.

Todas as vendas incluídas no Plan que se tivesen realizado ata o aprazamento do mesmo, aínda que non puidesen ser rexistradas na aplicación, serán tidas en conta.

O Plan Renove de Electrodomésticos 2010 é a quinta edición desta campaña de aforro e eficiencia enerxética, na que o Inega leva investidos preto de 20 millóns de euros, incluídos os 3,1 millóns de orzamento inicial destinados neste exercicio, para incrementar o aforro enerxético e económico nos fogares galegos mediante a substitución de aparatos vellos por outros máis eficientes desde o punto de vista enerxético.

Cos catro Plans Renove de Electrodomésticos desenvolvidos ata actualidade posibilitouse a compra de máis de 187.000 electrodomésticos eficientes, que superarán os 220.000 cando se complete a execución do Plan 2010, o que demostra o excelente nivel de acollida que ten esta campaña entre o conxunto da cidadanía. Ademais, tendo en conta que cada familia galega aforra uns 40 euros anuais na factura da luz mediante a substitución dun electrodoméstico por outro con clasificación enerxética A ou superior, cos 220.000 electrodomésticos substituídos, terase posibilitado un aforro na factura eléctrica das familias galegas de case 9 millóns de euros.

77 millóns de euros de investimento asociado

Pero a maiores do aforro económico, o Instituto Enerxético de Galicia xerou coa execución deste Plan xa case 90.000 MWh de aforro en enerxía primaria, que superarán os 105.000 cando se complete a realización do Renove de Electrodomésticos 2010, así como unha redución superior ás 15.000 toneladas de CO2 evitadas á atmosfera. A través das cinco edicións desta campaña o Inega terá incentivado un investimento total asociado de 77 millóns de euros.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Industria, 2010-08-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe o Plan para o impulso da atención á diversidade de Galicia que se comezará a aplicar xa desde o vindeiro curso 2026-27 e contará 'cun importe de 118 millóns de euros ata 2030'. Unha folla de ruta que incluirá o reforzo do número de profesionais e novos recursos, así como melloras na organización e no traballo de xestión en prol dunha maior axilidade e eficiencia. A través deste plan da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, dáse un novo paso na calidade da educación inclusiva e personalizada do sistema educativo galego.
Foto de la tercera plana (victor-ruppen.jpg) Víctor Ruppen (A Coruña, 1940-2018) é unha figura clave para entender unha etapa decisiva na procura dun cinema galego con continuidade, ambición profesional e vontade de diálogo co público. Arquitecto técnico de formación, produciu en total sete películas e foi socio das cadeas de exhibición Valle-Inclán, en Santiago de Compostela, Alphaville, en Madrid, e das distribuidoras Musidora e Videogram. Tras apoiar proxectos en súper 8, Víctor Ruppen impulsou a partir de 1975 o salto cara a formatos profesionais, con traballos en 16 mm e 35 mm.

Notas

A Universidade da Coruña presentou hoxe o Quantum Lab do CITIC, un espazo científico estratéxico e interdisciplinar chamado a converterse nun polo de referencia en computación cuántica aplicada en Galicia. Así o explicou o reitor da UDC, Ricardo Cao, na presentación realizada na Reitoría da UDC, na que estivo acompañado por un dos investigadores do CITIC impulsores deste proxecto, Diego Andrade.
O venres 19 de xuño o campus de Ourense acollerá unha conferencia de Carlos García-Galán, director do programa Base Lunar da NASA. A súa intervención, indican desde a organización da actividade, será un excelente oportunidade para que estudantado universitario e non universitario se aproxime á exploración espacial e aos beneficios que achega á humanidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES