Sen a Historia Compostelá -afirma Sánchez Albornoz-, terÃa quedado en tebras un dos perÃodos máis dramáticos da historia española, serÃan ignorados moitos personaxes que desempeñaron nela papeis máis ou menos importantes, terÃan escapado ao noso coñecemento diversas institucións e gran cantidade de sucesos sobre os que se achega plena luz e serÃan hoxe descoñecidas ducias de textos históricos de maior interese. Tales méritos, que non alcanza ningunha outra fonte latina peninsular na Idade Media -segundo o insigne historiador-, compensan os seus defectos. Entre eles, uns penden da singularidade dos seus autores e outros son comúns a todas as crónicas e historias de entón e aÃnda de sempre.
Os autores da Historia Compostelá -engade o investigador-, tiñan unha curiosidade múltiple e un prurito grande de exactitude. Aquela levounos a dispersar a súa atención en abano cara a multitude de cuestións e de personaxes diferentes, e este moveunos a explotar intensamente o rquivo da Igrexa de Santiago. Consecuencia da súa curiosidade e da súa atención foi o desfilar polas páxinas da Historia Compostelá de todas as figuras dalgún relevo da época, por pequeño que fose o seu papel na traxicomedia da Historia. Foino tamén o relatar de moitos sucesos, mesmo dalgúns insignificantes, ocorridos durante o perÃodo que historiaban. E foino, por último, a referencia ocasional ás moi variadas institucións eclesiásticas, sociais, económicas ou polÃticas que dalgún xeito tiñeron contacto cos personaxes da crónica ou que nalgún momento pudieron interesar á narración dos cronistas.
E resultado do prurito de exactitude dos autores foi copiar, con gran frecuencia, ducias e ducias de documentos de Ãndole clerical ou civil: cartas, mensaxes, bulas, diplomas, ordenanzas etc., que, perdidos no correr do tempo e nos desastres dos arquitos de Santiago, fan da Historia Compostelá unha verdadeira colección diplomática de valor inapreciable.
Claudio Sánchez Albornoz naceu en Madrid en 1893. Cursou estudos na Institución Libre de Enseñanza. Foi catedrático de Historia de España en Barcelona e Madrid e académico da Historia. Pertenceu a Acción Republicana e foi deputado durante a II República por Ãvila. En 1932 comezou a exercer como Reitor da Universidad Central; participou na creación do Centro de Estudios Históricos, foi ministro de Estado (1933) e embaixador en Portugal (1936). Fundador do Instituto de Historia de España e da revista Cuadernos de Historia de España, exiliouse en Buenos Aires e presidiu a República no exilio (1959-1970). Estudou as orixes do feudalismo e outras institucións hispanas; entre as súas obras destaca España: un enigma histórico (1957), en réplica a España en su historia (1948) de Américo Castro. Faleceu o 8 de xullo de 1984 en Ãvila.
O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxÃas de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.