
O artista escocés Mark Knopfler ofrece o mércores 28 de xullo ás 22.00 horas no Multiusos Fontes do Sar un concerto patrocinado por Xacobeo 2010 e incluÃdo dentro da programación do Camiño da Música. O artista chega a Santiago de Compostela, no mesmo dÃa da súa cita cos galegos, xa que o dÃa anterior ofrece un concerto en Lisboa. Xa se venderon máis de 8.000 entradas para ver en directo ao ex lÃder de Dire Straits.
Mark Knopfler aterra en Compostela para presentar o seu novo traballo, Get Lucky, e para regalar aos seus seguidores varios dos seus temas máis coñecidos. Alma mater de Dire Straits, o artista escocés subirá ao escenario do Multiusos Fontes do Sar ás 22.00 horas e deleitará aos máis de 8.000 asistentes con case dúas horas de intensa actuación. AÃnda hai entradas dispoñibles nos puntos de venda oficiais (web de Caixa Galicia, rede Ticketmaster e El Corte Inglés) e no despacho de localidades do Multiusos Fontes do Sar en horario de mañá, de 12 a 14.00 horas, e pola tarde dende as 17 horas. As portas abriranse para o acceso do público a partires das oito da tarde.
O concerto enmárcase dentro da xira Get Lucky Tour que o artista está a desenvolver durante os meses de verán, con 60 concertos en máis de 20 paÃses europeos. As once cancións do álbum que presentará mañá son unha exploración das raÃces musicais de toda unha vida, abordadas cunha extraordinaria combinación do folk e o blues coa súa orixinal forma de composición.
Para asistir ao concerto haberá un servizo lanzadeira a partir das 19.00 horas e ata as 22.00 horas (inicio da actuación) desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral Parlamento de Galicia) ata o Multiusos Fontes do Sar. Asà mesmo, a liña de bus urbano C11 (circular de Fontiñas) incorporará o Multiusos Fontes do Sar ao seu percorrido habitual a partir das 19.00 horas e ata as 22.00 horas; as paradas máis céntricas para acceder a esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro. As liñas C5 e C6 realizarán os seus percorridos e pasos habituais polo Multiusos. Ao finalizar o concerto manterase o servizo lanzadeira de regreso, con destino á rúa de Ramón Piñeiro.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.