Notas de prensa

A Deputación destinou nos últimos dous anos 1,4 millóns de euros ás axudas de autónomos

A través desta iniciativa, da que se beneficiaron 1.200 empresarios, a de Lugo converteuse na 1ª Deputación de España en subvencionar os gastos correntes deste colectivo. Segundo a diagnose elaborada dentro do programa europeo Pacto Provincial polo Emprego, os autónomos representan o 65% da base empresarial da provincia.

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou na inaguración da nova sede que a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia (UPTA) puxo en marcha en Lugo. No transcurso do encontro, Lara Méndez destacou que o organismo provincial, a través do INLUDES, destinou nos últimos dous anos 1,4 millóns de euros a axudas para este colectivo. Neste senso, a responsable da Área de Promoción Económica e Emprego indicou que “con esta iniciativa convertémonos na única Deputación de España que puxo en marcha un programa de apoio directo ós autónomos, destinado a pagar os seus gastos correntes e a xestionar mellor o seu negocio”.

En total, 1.200 empresarios se beneficiaron destas axudas, “polo que a Deputación ten un firme compromiso con este colectivo”. Lara Méndez tamén citou outra das medidas estratéxicas que puxo en marcha o organismo provincial destinadas a impulsar este sector. Trátase de Lugo Compite +, un novidoso programa anti-crise impulsado polo organismo provincial e para o que se cubriron as prazas en tan só catro días. A iniciativa, sufragada ó cen por cen pola Deputación de Lugo, polo tanto con custe cero para as empresas participantes, axudoulles ás empresas participantes a afianzarse de forma máis práctica e profesional.

A base da economía provincia

No acto no que tamén participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, e a Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias, Lara Méndez lembrou o Instituto de Desenvolvemento Económico e Social vén de presentar o programa formativo co que se insertará a 540 desempregados nas profesións con máis futuro da provincia, e que se inclúe dentro do proxecto europeo Pacto Provincial polo Emprego, dotado con 3,4 millóns de euros.

Para a posta en marcha destes cursos elaborouse unha ampla diagnose sobre o emprego na provincia e que revela que este colectivo segue sendo o que sustenta a economía provincial. Segundo este estudo, en Lugo existen 6.600 autónomos, que representan o 65% da base empresarial de Lugo. “Isto obriga a que, en momentos de crise como os actuais, as administracións teñamos que desenvolver medidas e axudas destinadas a potenciar a economía das provincias, así como o seu tecido empresarial”.
Por sectores, estes distribúense do seguinte xeito: comercio 3.098; hostalería 1.590; industria manufactureira 810; actividades culturais e deportivas 557; construción: 221; transporte: 109; e o resto: agricultura, enerxía eléctrica, educación, actividades sanitarias. Só un 0,14% das empresas factura máis de 60 millóns de euros ó ano.

“Con estas actuacións, a Deputación demostra que está cos autónomos da provincia e non elude a súa responsabilidade como administración ó servizo dos Concellos e dos cidadáns de Lugo, senón que suma esforzos co obxectivo de garantir a estabilidade económica e o emprego dos veciños e veciñas desta provincia”, destacou Lara Méndez.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2010-07-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES