O Consello Social e a Ãrea de Orientación e Inserción Laboral do Campus de Lugo desenvolven a segunda edición deste proxecto pola que a USC oferta prácticas remuneradas aos seus titulados en empresas da Unión Europea. Os interesados en adherirse a esta proposta comunitaria poderán inscribirse no Consello Social da USC e na Ãrea de Orientación e Inserción Laboral do Campus de Lugo. Nesta edición do Proxecto EuroPracticum poderán participar os titulados pola Universidade de Santiago dende xaneiro de 2001 ata xullo de 2004, agás aqueles que presenten unha experiencia laboral de máis de 365 dÃas en postos de traballo relacionados cos seus estudos, nin os que con anterioridade fosen beneficiarios doutra bolsa do Programa Leonardo da Vinci.
Exames de idiomas
Os participantes no Programa deberán superar unha proba de idioma que se celebrará de xeito simultáneo nos campus de Santiago e Lugo. AsÃ, o xoves 14 de outubro terá lugar a proba de portugués ás 10:00 horas, de alemán ás 12:30 e de inglés ás 16:00. O venres 15 de outubro celebraranse os exames de francés ás 10:00 horas e de italiano ás 12:30. As aulas de celebración das probas anunciaranse na primeira semana de outubro. Os titulados que desexen realizar estas probas de idiomas no Campus de Lugo terán que confirmalo por e-mail a europracticum@usc.es indicando o seu nome completo, o DNI e a proba á que quere asistir. No caso de non formalizar este trámite entenderase que desexa realizar o exame en Santiago.
Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam RodrÃguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crÃtica e público.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Asà o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.