Notas de prensa

Agadic apoia a participación de artistas lusos na Mostra de Teatro de Ribadavia

A través do programa Creativa, a Agadic aposta pola participación de artistas e de proxectos lusos na Mostra de Teatro de Ribadavia. Inclúe a exhibición dos traballos dos colectivos Pia e Circolando, e un encontro con Joao Pedro Vaz.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) achega mediante o programa europeo CREATIVA un total de 20.000 euros destinados a incentivar a presenza de creadores, intérpretes e proxectos portugueses na Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, que se celebra do 16 ao 24 de xullo. A entidade da Consellería de Cultura e Turismo continúa, deste xeito, as accións de dinamización da industria cultural de Galicia e Norte de Portugal co patrocinio da participación das compañías de rúa e novo circo lusas PIA (Projectos de Intervençao Artística) e Circolando, así como do creador e dinamizador cultural João Pedro Vaz en varias actividades do emblemático certame ourensán.

Así, a programación da que será a vixésimo sexta edición da MIT contará coa representación do espectáculo titulado Humanum Fatum, produción do colectivo de teatro de rúa PIA, na noite do sábado 17 ao domingo 18 (1:00 horas) na Praza Maior de Ribadavia e dentro da sección Espazo Ruadavia. Pola súa banda, a compañía de novo circo Circolando ofrecerá un obradoiro de teatro de obxectos na alameda de Ribadavia o domingo 18 de 10:00 a 14:00 horas, o mesmo emprazamento no que á 1:00 da madrugada levará a cabo a representación da súa montaxe Paisagens em Transito.

A presenza portuguesa completarase cunha visión sobre o teatro amador transfronteirizo a través de dous encontros con João Pedro Vaz, responsable de Comédias do Minho (proxecto teatral conxunto que se está a levar a cabo nas localidades de Monçao, Melgaço, Paredes de Coura, Vila Nova da Cerveira e Valença) así como da iniciativa Buxiganga, que desenvolve a Deputación de Lugo. O primeiro encontro terá lugar o sábado 17 ás 12:00 e o segundo o venres 23 ás 12:30 horas do mediodía, ambos os dous no Club Artístico de Ribadavia.

A través de CREATIVA, a Agadic e a Direccão Regional de Cultura do Norte (do Ministèrio de Cultura de Portugal), levan adiante un programa cultural interdisciplinar iniciado en decembro de 2009 con catro foros de debate e intercambio (sobre artes escénicas, audiovisual, música e produto gráfico) celebrados en Vigo. Co financiamento a cargo de fondes FEDER da Unión Europea, o proxecto avanzou no presente ano na súa efectividade integradora e de creación de sinerxías de traballo común entre as poboacións asentadas a ambas beiras do Miño con intervencións no Festival Play-Doc de Tui, no Festival de Cans (O Porriño), no concerto multimedia Cores do Atlántico que se celebrou na illa de San Simón o 14 de maio ou no recente I Foro Clown Galicia-Portugal que tivo lugar no Concello da Estrada o pasado día 9.

+ info en:
www.creativacultural.com
www.mitribadavia.com

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-07-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES