Notas de prensa

A USC e Política Lingüística colaboran nos cursos de galego a estranxeiros

O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega organizan o Curso de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros e Españois de fóra de Galicia, nos que xa participaron máis de 2.200 alumnos e alumnas. Nos cursos de Verán da USC aprenden galego máis de 80 estudantes de 27 países.

Un total de 85 alumnos e alumnas procedentes de 27 países de todo o mundo aprenden galego este verán na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Fano a través do Curso de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros e Españois de fóra de Galicia, que organizan o Instituto da Lingua Galega (ILG) e a Real Academia Galega E que financia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

No acto de apertura oficial do curso, que tivo lugar na Facultade de Filosofía da USC, o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu no feito de que “a todos os alumnos e as alumnas do curso os une o ánimo de coñecer a lingua, a cultura e a historia que nos identifica aos galegos e galegas no mundo”.

Durante a súa intervención, e respecto aos estudantes doutras comunidades autónomas, o secretario xeral tamén fixo fincapé en que o interese e a sensibilidade destes estudantes por coñeceren outras linguas oficiais distintas ao castelán “contribúen a impulsar a percepción da realidade plurilingüe de España como un ben de toda a cidadanía”.

Finalmente, o secretario xeral desexoulles aos estudantes unha feliz estadía en Santiago de Compostela, “cidade universal, que a través das súas peregrinacións foi sempre lugar de encontro de linguas e de culturas diversas”, concluíu.

Xunto con Anxo Lorenzo, tamén participaron na apertura oficial dos cursos o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan José Casares Long; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; a directora do ILG, Rosario Álvarez Blanco; e o director dos Cursos de Verán, Francisco Fernández Rei.

85 estudantes de 27 países

A de 2010 é a vixésimo terceira edición dos cursos, nos que xa participaron máis de 2.200 alumnos e alumnas de moi diversos países de todo o mundo. Esta ano os 85 estudantes matriculados proceden de 27 estados: Alemaña, Arxentina, Brasil, Reino Unido, República Checa, Chile, Costa Rica, Croacia, Cuba, España, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Indonesia, Irlanda, Italia, Marrocos, México, Perú, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Ucraína e Xapón.

Unha oportunidade para familiarizarse coa lingua e a cultura galegas

O alumnado está repartido en catro grupos: Elemental A, Elemental B, Medio e Curso Superior de Filoloxía Galega. O profesorado que imparte os cursos son membros dos seminarios da Real Academia Galega, do ILG e da Facultade de Filoloxía da USC.

Esta iniciativa pretende darlles aos estudantes a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais das clases teóricas e prácticas de lingua galega, están programadas dez conferencias impartidas por escritores e por persoas de recoñecido prestixio en distintos aspectos da realidade sociocultural de Galicia (literatura, sociolingüística, historia, xornalismo, música, psiquiatría etc.) como son Xosé Ramón Barreiro Fernández, Xesús Alonso Montero, Henrique Monteagudo, Xosé Luís Axeitos, Xosé Manuel Salgado ou Uxía Senlle.

No marco do curso tamén se organizan excursións e visitas a lugares de principal interese cultural e paisaxístico.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-07-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES