Notas de prensa

Teatro, danza e novo circo, na XVIII Feira das Artes Escénicas en Compostela

Seis escenarios de Santiago acollen do 18 ao 21 de outubro a exhibición de 18 espectáculos galegos e tres de fóra de Galicia ante axentes culturais de toda a Península. Desenvolverase un programa paralelo con showcases de danza.

Un total de 18 propostas galegas de teatro, danza e novo circo foron seleccionadas para integrar a carteleira artística da XVIII Feira Galega das Artes Escénicas que, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), terá lugar do 18 ao 21 de outubro en Santiago de Compostela. Esta selección realizouse atendendo tanto aos niveis de distribución das compañías na Rede Galega de Teatros e Auditorios como aos criterios artísticos valorados por unha comisión, que se encargará así mesmo de decidir que tres espectáculos de fóra de Galicia completarán o programa desta nova edición do evento.

As compañías e montaxes de teatro galego seleccionadas son Abada Teatro con Ordem e progresso, Caramuxo Teatro con Mensaxe sen botella, Elefante Elegante Teatro con In, Galitoon Productions con Botazz!, Ghazafelhos con Frankenstein, Lagarta Lagarta con Casting (a comedia), Ónfalo Teatro con Na meta (sálvese quen poida), P.T. Excéntricas con Un cranio furado, Santiago Cortegoso con A filla de Woody Allen, Sarabela Teatro con O incerto señor don Hamlet, Talía Teatro con Volpone, Teatro de Ningures con Homes... mulleres, Teatro do Atlántico con Memoria de Helena e María, Teatro do Morcego con A nona e Títeres Trompicallo con O día que chegou unha nube e choveu.

Esta carteleira galega completarase cos espectáculos de danza Shure PG48 da compañía La Macana e Sólodos de SOLODÓSneodans, ademais de incluír unha montaxe de novo circo resultante da ensamblaxe de diferentes números a cargo de varias formacións.

Programa paralelo

Como en anteriores edicións, a Feira Galega das Artes Escénicas desenvolverá así mesmo un programa paralelo que incluirá showcases de danza –pezas cortas a cargo de formacións e artistas emerxentes no panorama coreográfico galego– e diferentes actividades arredor da zona de mercado situada no Auditorio de Galicia, onde se instalarán un total de 16 stands de asociación e empresas so sector.

A organización da Feira mantén aberto ata o vindeiro día 20 o prazo de inscrición de profesionais dirixido prioritariamente a programadores, produtores, distribuidores e prensa especializada en artes escénicas de toda a Península. Este é o público preferente desta carteleira que, porén, tamén abrirá as súas portas ao resto de espectadores, en función das localidades dispoñibles para cada unha das representacións que se desenvolverán en seis espazos composteláns: Auditorio de Galicia, Aula de Cultura de Caixa Galicia, Sala Capitol, Salón Teatro, Teatro ARTeria Noroeste e Teatro Principal.


Máis información: www.feiradasartesescenicas.com

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-07-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES