Notas de prensa

A Conferencia de Universidades da luz verde ás 400 prazas de novo ingreso na titulación de Medicina na USC

A Conferencia de Universidades aproba a proposta da Consellería de Educación de dar 400 prazas de novo ingreso para Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Deste xeito amplíase a oferta para os estudantes que desexen cursar esta titulación en Galicia.

A proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de ter 400 prazas de novo ingreso no grao de Medicina ofertado pola Universidade de Santiago de Compostela foi aprobado na Conferencia de Universidades, celebrada en Madrid. En dito encontro o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro deu conta da proposta da Administración galega de ampliar o número de postos para os novos estudantes, ofertando así 50 máis que o pasado curso.

As universidades galegas xa coñecían a intención de ampliar o número de prazas xa que a proposta foi presentada pola Consellería no Consello Galego de Universidades (CGU) realizado o pasado 14 de maio en Ourense.

Cumprimento dos acordos

Deste xeito, a Xunta de Galicia busca dar cumprimento a dous acordos previos. Por unha banda, o acordo unánime do Parlamento de Galicia, acadado o pasado mes de decembro por todos os grupos políticos. Por outra, á proposta feita en abril de 2008 polo anterior goberno da Xunta para o número de prazas no quinquenio 2008-2013.

Según estes antecedentes, Educación propuso no encontro CGU decidiu elevar á Conferencia General de Política Universitaria unha proposta na que a oferta de prazas de novo ingreso para o grao en Medicina da Comunidade Autónoma galega no curso 2010-2011 alcance as 400.

Deste xeito, a Consellería de Educación dá resposta ao acordo unánime do pasado mes de decembro, no que o Parlamento de Galicia instaba á Xunta para que ampliase “o número de prazas a 400 para o curso 2010/2011 e a posibilidade de seguir ampliando segundo o estudo de necesidades e previsións do Goberno central e da Comunidade Autónoma”. Con este compromiso, a administración galega dá un paso máis para a cobertura das necesidades de profesionais da Medicina nos centros sanitarios galegos para os vindeiros anos.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2010-05-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES