Notas de prensa

O cineasta galego Oliver Laxe presenta en Cannes Todos vós sodes capitáns

Por primeira vez unha produción galega resulta seleccionada na sección Quinzainne des Realitateus, na que só foron elixidos 24 de máis de 2.000 traballos, e que nas últimas dúas edicións non contou con representación española.

O cineasta galego Oliver Laxe presentou na Quinzainne des Realitateurs do Festival de Cannes, a súa primeira película, Todos vós sodes capitáns, que conta co apoio do Consorcio Audiovisual de Galicia da Xunta de Galicia.

Por primeira vez unha produción galega resulta seleccionada nesta categoría. Cómpre destacar que só foron elixidos 24 de máis de 2.000 traballos, e que nas últimas dúas edicións non houbo ningunha película española presente neste certame.

Deste xeito, Laxe acude á 63ª edición do Festival de Cine de Cannes con tan só 28 anos, e aínda que a sección na que se proxecta a película atópase fora de concurso, a Quinzainne des Realitateurs serviu en exercicios precedentes para descubrir talentos da talla de Bigas Luna, Fassbinder, Ang Lee, Jim Marmush ou Martin Scorsese.

A cinta, tras ser exposta no Théatre Coroisette, tamén opta á Cámara de Ouro, galardón reservado aos mellores debuts.

Fillo de emigrantes

Oliver Laxe naceu en París no ano 1982, regresando a Galicia á idade de 7 anos. Tras estudar cinematografía na Universidade Pompeu Fabra de Cataluña, trasladouse a vivir a Tanger, onde habita dende hai catro anos. Alí creou e desenvolveu “Dao Byed”, un taller de creación de cine en 16 mm para nenos desfavorecidos. Deste taller xurdiu a súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns.

O filme, rodado en 35 mm e en branco e negro, narra a historia dun director de cine europeo que realiza unha película cos nenos dun centro social de Tanger, o que fará evolucionar a súa relación cos rapaces ata transformar o proxecto.

A película, elaborada durante un ano e medio, custou só 30.000 euros, sendo producida e montada polo propio director.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-05-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES