Notas de prensa

A Xunta financia o 60% das misións empresariais a Navalia

Economía e Industria financia o 60% de dúas misións para que empresas de India, Brasil, Islandia, Francia, EE.UU e México participen na Feira Internacional da Industria Naval, Navalia 2010, que se celebra o 18 e 19 de maio en Vigo.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou o programa das dúas misións comerciais organizadas en colaboración coas cámaras de comercio de Vigo e Pontevedra, no marco do Plan de Fomento das Exportacións Galegas 2010, coa finalidade de que empresas de India, Brasil, Islandia, Francia, Estados Unidos e México participen na Feira Internacional da Industria Naval (Navalia), en Vigo.

A Consellería de Economía e Industria financia o 60% de ambas misións, nas que está programado que alomenos se celebren 800 reunións de negocios, durante os días 18 y 19 de maio. Ademais, está previsto que 61 empresas galegas e 30 estranxeiras participen na celebración das dúas misións sectoriais inversas.

Na súa intervención o conselleiro de Economía e industria sinalou que “o Goberno da Xunta concibe a Internacionalización como unha oportunidade de presente e de futuro para as empresas galegas porque confía na súa capacidade para competir”. De xeito que o departamento que dirixe “está a impulsar a cooperación empresarial como unha fórmula solvente para afrontar o reto da internacionalización: é necesario colaborar para ser máis fortes e competir mellor no mercado global”.

Dentro deste marco estratéxico orientado a fomentar a colaboración como contexto para o desenvolvemento da competitividade a Consellería de Economía e Industria está a reforzar os instrumentos de cooperación coas cámaras de comercio de Galicia, para apoiar conxuntamente as estratexias intenacionalizadoras das empresas galegas.

Neste sentido, Guerra anunciou que o Goberno Galego ampliará os fondos para o Foexga 2010 porque “confía na eficacia do Plan de Fomento das Exportacións Galegas para reforzar as relacións comerciais exteriores”. De tal xeito, a Consellería de Economía e Industria aumentou nun 15% o financiamento ao Foexga 09, con respecto a 2008, e no presente exercicio incrementará a dotación do Foexga 2010 en máis dun 35%, con respecto ao pasado exercicio, e case nun 60%, en comparación co 2008.

Segundo Guerra, un dos obxectivos da estratexia da Consellería de Economía e Industria a prol da internacionalización é “incentivar as nosas relacións comerciais con líderes económicos, facernos presentes en potencias emerxentes e abrirnos paso en novos mercados”.

Para cumprir este obxectivo, a Consellería de Economía e Industria, a través do Foexga, apoia máis dun centenar de iniciativas a favor da internacionalización das empresas galegas; entre as que cómpre sinalar a celebración de misións empresariais no estranxeiro e de feiras que, como no caso de Navalia, tamén acollen misións inversas, para que empresarios de todo o mundo coñezan as oportunidades de negocio que ofrece Galicia.

Dúas misións 800 reunións de negocios

Nas dúas misións presentadas hoxe se ten programado a celebración dunhas 400 reunións de negocios en cada unha, 800 en total. Pola súa banda, a misión organizada en colaboración coa Cámara de Comercio de Vigo multiplicou por 4 o número de empresas participantes con respecto á anterior edición, contando agora con 24 empresas galegas e 18 estranxeiras. Neste caso, India é o país máis representado, con 7 empresas confirmadas, e tamén acudiran países como Islandia, Francia, EEUU e México.

Ao abeiro da misión organizada en colaboración coa Cámara de Comercio de Pontevedra participarán 37 empresas galegas e 12 do Brasil. A Xunta e a Cámara de Pontevedra están a traballar neste país desde 1992, cando se puxo en marcha o Foexga. Desde entón, as relacións comerciais multiplicáronse, dando lugar a sociedades mixtas, integradas por firmas de Galicia e Brasil. Este éxito das relacións mercantís, levou á Xunta e a Cámara de Comercio, a crear unha oficina comercial permanente en Brasil, “un país que actualmente ofrece grandes oportunidades para os investimentos estranxeiros”, lembrou Guerra.

Ademais, froito da última misión do Foexga 2009, de empresarios galegos a Brasil, celebrada en xuño de 2009, chegouse a un compromiso coa Organización Nacional de Industrias do Petróleo que permitiu que esta importante institución estea presente nesta edición de Navalia.

A vía de vía de cooperación que se abriu coa ONIP permitirá á Cámara de Comercio de Pontevedra identificar en Galicia aquelas empresas do sector de construción naval que desexen desenvolver proxectos en Brasil; facilitar que estes perfís serán enviados á ONIP, que buscará entre as empresas brasileiras aquelas que encaixen nas necesidades das empresas galegas, para finalmente promover o encontros de cara ao establecemento de proxectos de cooperación bilateral.

Navalia unha oportunidade a prol da internacionalización

O Conselleiro de Economía e Industria tamén salientou o feito de que Navalia en só tres edicións se teña convertido “nun éxito de convocatoria e actividade” que abre ás industrias do sector “posibilidades de negocio con firmas que proveñen de economías emerxentes; ao mesmo tempo que lles permite facer prospeccións en novos mercados”.

Ademais, o responsable da Consellería de Economía e Industria destacou que “o impulso da Xunta a internacionalización das empresas galegas é unha aposta estratéxica a favor da competitividade dos sectores estratéxicos da economía galega” como o Naval. Neste sentido, Guerra explicou que dende a Consellería de Economía e Industria se están a reforzar as iniciativas orientadas a activar a expansión empresarial galega, cuns orzamentos que teñen aumentado nun 56,52% no capítulo dos recursos destinados a apoiar a internacionalización.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-05-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES