
Familie Flöz, compañÃa alemá pioneira no uso de máscaras no teatro contemporáneo, recala o venres 23 e o sábado 24 de abril ás 20.30 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela para presentar a súa peza de teatro xestual Hotel Paradiso. Neste espectáculo sen texto mestúranse moi diversas disciplinas escénicas que dan como resultado un xénero propio e difÃcil de clasificar, co que esta formación con sede en BerlÃn recibiu o recoñecemento internacional.
Nesta ocasión, bota man da comedia negra para desenvolver a súa montaxe de tinturas máis escuras, que combina humor, misterio, sentimentos tormentosos e melancolÃa para desenvolver unha historia que dá comezo cando nun pequeno e tradicional hotel alpino aparece o corpo sen vida dun dos hóspedes. A raÃz do macabro descubrimento, ponse de manifesto que a tranquilidade deste retiro era solo aparente: os fillos da directora conspiran e pelexan encarnizadamente por facerse co negocio, a moza encargada do servizo acostuma roubar aos clientes, e o cociñeiro filetea algo máis que o porco. AsÃ, persoal e hóspedes vense envoltos nun remuÃño de malentendidos, enredos e furiosos acontecementos para intentar tapar os feitos e conservar a imaxe idÃlica do establecemento.
Anna Kistel, Sebastian Kautz, Thomas Rascher e Frederik Rohn son os catro actores que interpretan unha infinidade de personaxes e asinan, asà mesmo, a dramaturxia xunto a Michael Vogel, director e responsable do espazo escénico, e a Hajo Schüler, tamén autor das caretas.
Unha familia de 30 membros
A Familie Flöz é un grupo internacional composto por unha trintena de actores, músicos, bailarÃns, directores, deseñadores de máscaras e de vestiario, iluminadores, dramaturgos e outros profesionais que, aÃnda que naceu e ten a súa sede en Alemaña, na actualidade está integrada por membros de ata dez nacionalidades diferentes. A especialidade da compañÃa son as máscaras que, a través das súas desproporcionadas narices, bocas de punta, fazulas colgantes e peiteados de artista, conforman unha serie de personaxes difÃciles de esquecer, que cobran vida dun modo único, grazas á rica expresión corporal dos actores que as levan. AsÃ, os Flöz non propoñen unha sucesión de gags, senón unha obra completa e complexa onde a pesar da aparente incompatibilidade entre máscara e xesto, é capaz de ofrecer todo tipo de rexistros grazas a mestrÃa dos actores.
Nos seus máis de trece anos de existencia, durante os que a compañÃa foi galardoada con numerosos premios internacionais, levou a escena diferentes pezas mudas, libres de texto, coas que desenvolveu un xénero completamente particular. Tras Ristorante Immortale (1998), Teatro Delusio (2004) e Infinita (2007), a formación segue indagando na procura dunha linguaxe teatral internacional.
As entradas para as funcións do venres 23 e do sábado 24 xa están dispoñibles na billeteira electrónica da web www.caixagalicia.es e no teléfono 902 43 44 43. Tamén poden adquirirse no despacho de billetes do Salón Teatro dende dúas horas antes do comezo das actuacións. O prezo das localidades é de 10 euros (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados).
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.