Notas de prensa

O audiovisual, a debate en O mundo na encrucillada: desafíos no século XXI

A USC acolle unhas xornadas de debate sobre distintos retos do século XXI, entre eles as reivindicacións dos libres espazos para a difusión e a circulación de productos audiovisuais nun contexto multimedia e de redes.

A segunda xornada do ciclo de conferencias O mundo na encrucillada: os desafíos do século XXI, organizadas polos Comités, continuou na Facultade de Ciencias da Comunicación arredor do coñecemento libre e o audiovisual galego. A xornada de hoxe abriuse coa conferencia sobre Propiedade intelectual e coñecemento libre, na que interviñeron Pedro Silva, creador de Blogaliza; Francisco Alvarellos, da Casa da Música, e Miguel Mosqueira, do grupo de música Ataque Escampe.

Pedro Silva criticou a propiedade intelectual por tratarase dun “sistema que xera monopolios” aínda que sinalou que se están a rachar pois “gañouse a guerra do software libre”. Creador do proxecto Blogaliza., principal servizo de hosting gratuíto de blogs escritos en galego inserido no ámbito do coñecemento libre, destacou que o software libre tamén “abre camiños de oportunidades para as economías locais”.

Francisco Alvarellos, sinalou que desde A Casa da Música de Compostela, proxecto con apenas uns meses de vida, se axuda a licenciar obras de creación artística a través de licencias libres, escapando do “legalismo existente ó redor da creación cultural”. Alvarellos defendeu que na creación “o natural é que unha obra sexa de libre distribución, a través dos poucos espazos que deixa a propiedade intelectual”.Así mesmo, considera que a aposta por un coñecemento libre é tamén unha loita contra o establecido aínda que “máis que un enfrontamento é unha reivindicación do básico”. Alvarellos tamén defendeu a creación dunha rede “realmente aberta” en referencia a que “todo acceso a Internet está controlado por empresas”.

Miguel Mosqueira, integrante do grupo galego Ataque Escampe, destacou o papel do software libre como plataforma de despegue de grupos musicais. Para Mosqueira, a libre distribución da súa música xorde dun motivo ético e outro pragmático, pois afirma que están “en contra dos monopolios e da propiedade privada” e porque dese xeito poden dar a coñecer a súa música. Por outra banda, Mosqueira criticou a “discriminación absoluta dos grupos musicais en galego por parte dos medios de comunicación xeralistas de Galicia” e a “sutil censura” de medios como “La Voz ou El Correo Gallego” a “discursos antiespañolistas que non lles gustan”.

A segunda conferencia centrouse no audiovisual galego. Baixo o título A Axencia Audiovisual Galega: cando Galiza estivo á vangarda da creación audiovisual, interviñeron Manolo González, antigo director da Axencia Audiovisual Galega. Respecto a creación da Axencia Audiovisual Galega, Manolo González destacou que un dos principios básicos dos que partiron foi “garantir o principio de igualdade de oportunidades” e “apostar polo talento e a innovación tecnolóxica”. Neste sentido, afirmou que “temos que apostar polo que nos diferenza” e darlle apoio a tódolos proxectos audiovisuais que nacen no país. Afirmou “debemos loitar pola mellora dos produtos galegos, como se ve que estamos orgullosos de Celda 211”.

No referente á desaparición da Axencia, Manolo González afirmou que falta perspectiva histórica para saber se a axencia “serviu para algo” debido a súa escasa existencia. Pero que en todo caso, o traballo que se fixo na Axencia foi moi positivo. Nun breve repaso, Manolo González, falou de que só en catro anos se fixeran máis de vinte longametraxes entre ficción e documentais en galego, ademais, destacou que nesta volta as mulleres asumen o papel na dirección de filmes e curtas. No coloquio posterior, no que destacou a intervención dos alumnos e alumnas da Licenciatura de Audiovisual, reflexionouse sobre cal sería a posibilidade de establecer unha licenciatura especifica en cinema, e cales serían as vantaxes e os seus inconvenientes. O que si se deixou claro foi que o gusto polo audiovisual “ten un continxente vocacional” e que hoxe en día hai demasiada oferta de estudos de audiovisual e moi pouca demanda.

As xornadas continuarán ás 16:30 co relatorio de Martxelo Otamendi, ex-director de Egunkaria, na conferencia Linguas minoritarias na era da globalización. Creación, desenvolvemento e futuro do caso Egunkaria. Ãs 18:00 será a quenda de Xurxo Salgado, do Sindicato de Xornalistas de Galicia, e de Xosé Manuel Pereiro, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, e Santiago Alvite, membro da CIG. As xornadas na Facultade de Comunicación rematarán coa conferencia do xornalista Miguel Anxo Murado.

Comités Ciencias da Comunicación USC, 2010-04-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES