Notas de prensa

Os deportistas do Teixugos acadan o primeiro posto no ránking por clubes do VI Slalom do Val Miñor

O Trofeo Concello de Gondomar é proba puntuable para a Copa Galega de Promoción de Slalom e para a Liga Galega de Slalom.

O río Zamáns, ao seu paso por Gondomar, foi escenario da competición do VI Slalom do Val Miñor onde o equipo dos Teixugos, de Tomiño, acadou a maior puntuación ao obter 257 puntos.

Xa por quendas, o C-2 Infantil Masculino do clube Penedo, de Caldelas de Tui, formado por Iván Marchante e José Antonio Núñez foi o que acadou o primeiro posto. Ao podium tamén subiron José Manuel Ucha e Luís Fernández, tamén do Penedo e Abel Chamorro con Jorge Carnero do Val Miñor.

Na proba K-1 Benxamín Feminino Yasmín Díaz, do clube Quixos de Monforte e Pilar Puña, do Dumbría acadaron o 1º e 2º posto, respectivamente.

En Alevín Feminino K-1 Clara González, de Teixugos, acadou un primeiro posto que logo foi seguido por Andrea Mariño do Val Miñor e Kiara Martínez do Dumbría.

En Infantil Feminino K-1, o clube Teixugo estivo moi ben representado cun 2º e 3º posto obtidos por Andrea González e Isa Valcarcel. Neste podium o 1º posto foi para Sara Vázquez, do Quixos.

O C-1 Infantil Masculino de Penedo, Iván Marcahante foi o que menos tempo empregou en ambas as dúas mangas. Este C-1 estivo seguido do de Quixos, Andrés Saco, e o do Val Miñor, David González.

En K-1 Benxamín Masculino foi Marco Patiño, de Teixugos, o que rematou nun primeiro posto. Nesta proba o Quixos tampouco fixo unha mala actuación posto que o 2º e 3º postos foron para Nicolás Díaz e Jorge Vázquez.

Alberto Cotelo, do Val Miñor, a bordo do seu K-1 foi o mellor Alevín Masculino seguido por dous rapaces do Teixugos, Manu Ochoa e Brais Castro.

Os do Val Miñor tamén repetiron podium nun primeiro posto na proba de K-1 Infantil Masculino con David González, quen foi seguido de Andrés Saco do Quixos e Marco A. Oreira do Dumbría.

Na última das probas, C-1 Infantil Feminino, a vitoria foi para Sara Vázquez do Quixos, Andrea González e Isabel Valcarcel do Teixugos.

A xornada do domingo puxo o punto e final a unha semana na que tamén participaban os colexios da localidade a través de prácticas de iniciación ao Slalom no propio Zamáns.

Gabinete de Comunicación da Federación Galega de Piragüismo, 2010-04-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES