Xacobeo 2010 e a Fundación Caixa Galicia inauguran o 29 de abril en Santiago a exposición Santiago, punto de encuentro. Obras maestras de la Catedral de Santiago y Caixa Galicia que se exhibirá, ata o mes de novembro, no edificio da Fundación Caixa Galicia. A mostra está integrada polos tesouros artÃsticos máis valiosos do Museo Catedralicio xunto con obras mestras da Colección Caixa Galicia, entre elas as de artistas como DalÃ, Picasso, Maruja Mallo, LuÃs Seone e LugrÃs
A exposición Santiago, punto de encuentro. Obras maestras de la Catedral de Santiago y Caixa Galicia é unha grande aposta da Fundación Caixa Galicia e de Xacobeo 2010, xa que reúne obras dos artistas nomeados xunto con algunhas das pezas máis destacadas dos fondos do Cabido Catedralicio compostelán, nunha reflexión artÃstica que abrangue un perÃodo tan amplo como é dende o século XII ata o XXI, e que se presenta como un inédito diálogo entre a arte sacra e a plástica moderna.
Pezas da Catedral
Asemade, permitirá aos visitantes coñecer, por primeira vez fóra da basÃlica compostelá, algunhas das pezas máis importantes e descoñecidas da colección da Catedral, como é o Santiago Sedente do Altar Maior, obra de Juan Antonio GarcÃa de Bouzas, ou o San Mateo esculpido polo Mestre Mateo no século XII, figura pertencente á parte alta do Córeo LÃgneo.
Asemade, a mostra complementarase cun amplo programa de actividades dinamizadoras ao seu redor e que comezará o mesmo dÃa da inauguración, o próximo dÃa 29, coa saÃda dos tradicionais Coco e Coca, figuras que encabezan as saÃdas dos cabezudos e das que se ten constancia dende a Idade Media.
A exposición está comisariada polos profesores da Universidade de Santiago, Juan Monterroso e Enrique Fernández Castiñeiras, e por Ramón Izquierdo por parte do Museo Catedralicio.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.